República de Altai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de Altai
Республика Алтай
Алтай Республика
Bandeira de República de Altai Escudo de República de Altai
Bandeira Escudo
Himno: Himno Nacional da República de Altai

 
Altai Republic in Russia.svg
 
Estado Flag of Russia.svg Rusia
Capital
 • Poboación
Gorno-Altaisk
Linguas
 • Oficiais
Estatais: ruso, altai
Oficial: casaco[1]
Estatus
 • Presidente
Poder lexislativo
Constitución

Alexander Berdnikov
Asemblea estatal — O Kurultai
Constitución da República de Altai
Fundación
1 de xullo de 1922
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 35º
92600 km² km²

km
0 km² km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 79º
210.344
2,2 hab/km² hab./km²
Xentilicio
Fuso horario OMST (UTC+7)
Dominio de Internet n/d
Código ISO RU-AL
Subdivisións de Rusia

A República de Altai (en ruso:Республика Алтай, en altai: Алтай Республика) é unha das vinte e unha repúblicas que constitúen a Federación Rusa. A súa capital é Gorno-Altaisk. Atópase na zona sur do país, e ten fronteiras internacionais con Mongolia, China e Casaquistán. Ten unha extensión de 92.600 km². Máis do 87% da súa poboación é de etnia rusos ou altai. Alberga os ríos Katún e Biya, así como o lago Teletskoie. A súa economía é maioritariamente agrícola, cun significativo sector turístico en desenvolvemento.

Historia[editar | editar a fonte]

A República de Altai creouse o 1 de xuño de 1922 como o Óblast Autónomo de Oyrot (Ойротская автономная область), que conformaba o krai de Altai. O nome orixinal desta rexión foi Bazla. O 7 de xaneiro de 1948 pasou a chamarse Óblast Autónomo de Gorno-Altai (Горно-Алтайская автономная область). En 1991 reorganizouse como a República Socialista Soviética Autónoma de Gorno-Altai. En 1992 renomeouse República de Altai.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O seu territorio ocupa unha superficie de 92.600 km², polo que a súa extensión pode compararse coa de Portugal.

Limita ao norte co óblast de Kemerovo, ao nordeste coa República de Khakasia, ao leste coa república de Tuvá, ao sureste con Mongolia (provincia de Bayan-Olgiy), ao sur con China (rexión autónoma de Xinjiang), ao suroeste con Casaquistán (provincia de Shyghys Qazaqstan), e ao noroeste co krai de Altai.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Os seus maiores ríos son o Katún e o Biya, que se orixinan ambos nas montañas e flúen cara ao norte. O seu conxunción crea o río Obi, o maior de Siberia, que desemboca no mar de Kara, que forma parte do océano Ártico. Na rexión atópase así mesmo o lago Teletskoie (Озеро Телецкое), incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco desde 1998.[2] O lago ten unha profundidade máxima de 325 m e é un dos vinte e cinco lagos máis profundos do mundo.[3]

Demografía[editar | editar a fonte]

A República de Altái está composta polas seguintes etnias: rusos 57% (116.510), altáis 30.6% (62.192), casacos 5.97 (12,108 %), telengits 1.18% (2.386), tubalares 0.76% (1,533), ucraínos 0.71% (1.437).

Economía[editar | editar a fonte]

A República de Altai é unha rexión altamente agrícola. Tamén alberga unha industria de produtos alimenticios, metalurxia non ferrosos, produtos químicos, extracción aurífera, calzado, produción leiteira e madeira. O turismo é un sector económico de crecente importancia, e apareceron varios novos hoteis e resorts destinados aos "novos rusos".

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Altai republic map.png
Amañecer no poboado de Tungur.
  • Cidade estatal: Gorno-Altaisk (Горно-Алтайск)
  • Distritos:
    • Chemalski (Чемальский), con 7 selsovets
    • Choyski (Чойский), con 7 selsovets
    • Kosh-Agachski (Кош-Агачский), con 12 selsovets
    • Mayminski (Майминский), con 7 selsovets
    • Ongudayski (Онгудайский), con 10 selsovets
    • Shebalinski (Шебалинский), con 11 selsovets
    • Turochakski (Турочакский), con 9 selsovets
    • Ulaganski (Улаганский), con 7 selsovets
    • Ust-Kansky (Усть-Канский), con 11 selsovets
    • Ust-Koksinsky (Усть-Коксинский), con 9 selsovets

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República de Altai Modificar a ligazón no Wikidata