Óblast de Rostov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A óblast de Rostov (en ruso: Ростовская область) é un suxeito federal de Rusia (óblast) localizado no Distrito Federal do Sur. Esta óblast sitúase no sur de Rusia, cunha área de 100.800 km² e unha poboación de 4.404.013 (censo de 2002), o cal o converte na quinta rexión máis habitada de Rusia. O centro administrativo é a cidade de Rostov do Don, que tamén se converteu no centro administrativo do Distrito Federal do Sur en 2002.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A óblast de Rostov limita con Ucraína polo nordeste, coa óblast de Volgogrado polo norte e coa óblast de Voronezh polo sur. Tamén comparte fronteiras co krai de Krasnodar, co krai de Stavropol, así como coa República de Kalmukia. Pertence á zona horaria de Moscova (UTC+4).

Orografía[editar | editar a fonte]

Parte do Río Don, un dos más extensos de Europa, flúe polo territorio da óblast. Só un 0,4% da área está cuberta por lagos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Dos 4.404.013 habitantes (a data de 2002), un 89% son rusos, un 2.7% ucraínos, un 2,5% armenios, un 0,64% turcos e un 0,6% bielorrusos. O resto divídese en porcentaxes menores entre as 157 etnias rexistradas no censo.

Economía[editar | editar a fonte]

Baséase en agricultura e industrias relacionadas, procesado de alimentos, industria pesada, carbón e manufactura de automóbiles.

Cultura[editar | editar a fonte]

Destaca a tradición de Rostov en materia musical, principalmente no xénero coral. Tamén destaca a Orquestra Filharmónica de Rostov. Durante 25 anos, celebrouse de forma anual o festival musical Don Musical Wave.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óblast de Rostov