Amil, Moraña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amil
Amil.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Moraña
Área - km²
Poboación (Ano 2004) 472 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 14

San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes.

Índice

[editar] Patrimonio histórico-artístico

Ademais de distintos cruceiros dos séculos XVIII e XIX, cómpre destacar a igrexa parroquial, construída en 1781 e transformada posteriormente no actual Santuario da Virxe dos Milagres, rematado en 1892. Neste Santuario celébrase tódolos anos, o primeiro domingo despois do 8 de setembro, a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

[editar] A Virxe dos Milagres na cultura popular galega

  • Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella.
  • Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo.
  • Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar.

[editar] Festas

Nesta parroquia celébrase desde 1970 a Festa do Porquiño á Brasa.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Amil

Lugares da parroquia de Amil no concello de Moraña (Pontevedra)

O Apedrado | Barro | Cartamil | O Castriño | A Chan | O Outeiro | A Picota | Piñeiro | Pumardatán | A Rozavella | Ruibal | Torre de Abaixo | Torre de Arriba | Vilacova

[editar] Parroquias de Moraña

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas