Río Támesis
| Támesis | |
|
Curso do río Támesis |
|
| País | Inglaterra |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 346 |
| Caudal medio | 65.8 |
| Conca | 12.935 |
| Desembocadura | Mar do Norte |
O río Támesis (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga en Londres.
Índice |
Curso [editar]
As fontes do Támesis atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támesis ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.
Historia [editar]
Durante o Plistoceno, o primitivo río Támesis fluía dende Gales ata Clancton-on-Sexa, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluínte do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade de Xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.
Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxeouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támesis non se volveu a conxear totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.
A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támesis. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.
A regata Oxford-Cambridge [editar]
O Támesis é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.