Eneadecágono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eneadecágono regular

En xeometría, un eneadecágono é un polígono de 19 lados e 19 vértices.

Os ángulos internos dun eneadecágono regular miden aproximadamente 161,052º cada un, ou exactamente 17\pi/19 rad, mentres que cada ángulo externo do eneadecágono regular mide aproximadamente 18,95º, ou exactamente 2\pi/19 rad.

A área dun eneadecágono regular de lado l é:

A = \frac{19(l^2)}{4\ tan(\frac{\pi}{19})} = \frac{19}{4}l^2 \cot \frac{\pi}{19} \simeq 28,4652 l^2

Nótese que tanto tan (tanxente) como cot (cotanxente) calcúlanse en radiáns.

Se se coñece a lonxitude da apotema a do polígono, outra alternativa para calcular a área é:

A = \frac{P\cdot a}{2} = \frac{19(l)\ a}{2}

O P é o perímetro, que se resolve multiplicando a lonxitude de cada lado polo número de lados, 19l.