Perímetro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas matemáticas que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O perímetro é a liña imaxinaria que envolve unha figura xeométrica ou terreo.
O perímetro dun polígono é igual á suma de todos os seus lados. Nun polígono regular obtémolo con máis facilidade multiplicando a lonxitude dun lado polo número de lados que teña.
A lonxitude dunha circunferencia, o seu perímetro, é igual a 2×π×r, sendo r o raio e π unha constante cun valor aproximadamente 3,1416.