Pobo curdo
Os curdos son un pobo indoeuropeo que se atopa na rexión montañosa de Curdistán, no sudoeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os curdos son na súa maioría musulmáns sunís.
Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora curda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.
A finais da primeira Guerra Mundial, na que apoiaron aos aliados contra o Imperio Otomán, os curdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Curdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.
[editar] Feitos da historia moderna curda
- Tratado de Sèvres, 10 de agosto de 1920. Estabelecía a creación dun Curdistán independente que comprendese a Anatolia suroriental (ao sur do lago Van) e a rexión de Mosul, pero todo quedou en nada por diferencias tribais e o rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Ataturk. Nese punto, os partidarios curdos dividíronse entre os que querían manter a autonomía en Turquía e os que optaban por un estado independente.
- 1945-1948: os curdos pídenlle á ONU a autodeterminación do seu territorio.
- 1945: fúndase a República Independente de Mahabad (Irán), dun ano de duración.
- 1961-1970: revolta kurda en Iraq.
- 1970: os curdos logran o dominio dunha rexión autónoma en Iraq.
- 1975-1991: Guerra entre os kurdos e as forzas armadas de Iraq.
- 1978: Abdullah Öcalan funda o Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), que comeza a operar en Turquía.
- Anos 1980: as guerrillas curdas apoiadas pola OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e con base en Siria, Iraq e Irán realizan centos de incursións armadas no sueste de Turquía.
- 1984: o PKK desencadea unha guerra aberta contra Turquía
- 1988: ataques con armas químicas aos kurdos iraquís por parte de Saddam Hussein.
- 1991: trala Guerra do Golfo, varias faccións kurdas érguense contra Iraq.
- 1992: faccións curdas iraquís constitúen un Goberno.
- 12 de abril de 1995: Parlamento curdo no Exilio, constituído na Haia.
- Outubro 1998: Siria deixa de apoiar ao PKK.
- Marzo de 1999: secuestrado en Kenia o líder curdo Abdullah Öcalan. Xulgado en Turquía por alta traizón e asasinato, Öcalan foi condenado a morte, pero a sentencia está actualmente apelada ante o Tribunal de Xustiza Europeo.
[editar] Persoeiros curdos históricos
- Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato Fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Curdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder del estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.
[editar] Ligazóns externas
- Artigo en gara sobre a posible ilegalización do DTP (en castelán)
- Claves da situación en Iraq (en castelán)
- El conflito kurdo en Iraq (en castelán)
- Consecuencias do problema curdo para o futuro de Iraq (en castelán)
- Construción e deconstrución nacional en Medio Oriente: o caso de Irak (en castelán)