4AD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
4AD

Compañía nai Beggars Group
Fundado en 1979
Fundador
Estado activo
Distribuidoras Beggars Group
Xénero(s)
País de orixe Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg
Localización Londres
Web oficial http://www.4ad.com/

4AD é un selo discográfico independente británico que comezaron no ano 1979 por Ivo Watts-Russell e Peter Kent, fundado por Beggars Banquet Records. Na actualidade forma parte do Beggars Group, xunto con Matador Records, Rough Trade Records e XL Recordings.

Entre os artistas actuais de 4AD están Ariel Pink, The Big Pink, Blonde Redhead, Bon Iver, Camera Obscura, Deerhunter, Gang Gang Dance, The National, Scott Walker, St. Vincent, Twin Shadow e tUnE-yArDs.

Historia[editar | editar a fonte]

Ivo Watts-Russell e Peter Kent, empregados do selo e a tenda Beggars Banquet, fundaron Axis Records a finais de 1979 como propiedade de Beggars Banquet. Despois dos primeiros catro sinxelos de Axis, lanzados a comezos de 1980, o nome foi cambiado a 4AD cando se decataron de que a súa primeira elección estaba sendo usada por outra compañía musical. A solución a este problema chegou do flyer promocional que imprimiran para chamar a atención das novas edicións. O deseñador do mesmo engadira unha tipografía que xogaba co actual ano e coa idea de progreso:

1980 FORWARD 1980 FWD 1984 AD 4AD

Buscando un novo nome, Ivo mirou o flyer e suxeríu "4AD." Peter Kent estivo de acordo, e, con esa r´´apida decisión, nacía 4AD.

A idea inicial para o selo era a de servir como "campo de probas" para Beggars Banquet; os artistas exitosos promocionaríanse cara Beggars Banquet despois dun ano en 4AD. A única banda que seguíu ese camiño sería Bauhaus, que asinou con Beggars Banquet a fianis de 1980, xusto antes de que Ivo e Peter adquirisen a etiqueta por completo.

Os dous convertéronse nos únicos propietarios durante aproximadamente un ano. Kent vendeu a súa parte a Watts-Russell a finais de 1981, e iniciuo unha nova subsidiaria de Beggars Banquet, Situation Two Records. Watts-Russell mantivo a propiedade de 4AD e foi o seu presidente ata finais dos anos 90.

Watts-Russell convidou ao deseñador gráfico Vaughan Oliver a crear o logotipo do selo, e como resultado 4AD conseguíu rapidamente unha identidade visual distintiva. Os seus artistas, como Cocteau Twins e Dead Can Dance, desenvolveron un substancial seguimento de culto cara mediados dos anos 80, pero 4AD continuou evolucionando e, despois de asinar con Throwing Muses e Pixies, a etiqueta concentrouse ba música rock underground estadounidense. En 1983 4AD tivo un pequeno éxito nos Estados Unidos co sinxelo de Modern English "I Melt With You". En 1987 4AD tivo un número 1 no Reino Unido co tema "Pump up the Volume" de M|A|R|R|S.

Nos anos 90 4AD estableceu unha oficina en Los Angeles e conseguiu o éxito con bandas como The Breeders, Red House Painters, Unrest e His Name Is Alive. En 1999 Watts-Russell vendeu a súa parte da compañía ao Beggars Group, pero o selo continuou editando música e fíxose con novos artistas para o seu repertorio.

No ano 2008 o Beggars Group recoñeceu que 4AD era o seu selo máis prestixioso e exitoso, e re-estructurou o grupo para que varias das súas etiquetas, incluída a propia Beggars Banquet, se integrasen en 4AD. Bandas como Stereolab e The National asinaron entón con 4AD como parte desa fusión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]