David Lovering
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| David Lovering | |
|---|---|
David Lovering cos Pixies |
|
| Nome completo | |
| Alias | The Scientific Phenomenalist |
| Naceu | 6 de decembro de 1961 (50 anos) |
| Orixe | Burlington, Massachusetts |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | músico, ilusionista |
| Xénero | rock alternativo |
| Instrumento(s) | batería, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | 4AD |
| Relacionado con | Pixies, Frank Black and the Catholics, Nitzer Ebb, Tanya Donelly, Cracker, The Martinis, Eeenie Meenie, The Hermetic Order Of The Golden Dawn |
| Tempo en activo | 1986 - actualidade |
| Web | davidlovering.com |
David Lovering, nado en Burlington (Massachusetts) o 6 de decembro de 1961, é un músico e ilusionista estadounidense. É coñecido sobre todo polo seu traballo como baterista na banda de rock alternativo Pixies, á cal se uníu no ano 1986. Despois da separación do grupo en 1993 Lovering tocou a batería en varios proxectos, coma The Martinis, Cracker, Nitzer Ebb e Tanya Donelly. Tamén ten unha carreira de ilusionista onde é coñecido coma The Scientific Phenomenalist; realizando experiementos científicos no escenario. Cando os Pixies reuníronse no 2004 Lovering voltou como o seu baterista.
A súa primeira batería foi unha Gretsch e usouna durante o primeiro ano que estivos cos Pixies. Reemprazouna por unha Tama Artstar II despois de Come on Pilgrim. Esta foi substituída por unha Pearl e na actualidade toca cunha Gretsch[1].
Índice |
[editar] Traxectoria
David Lovering naceu en Burlington, Massachusetts. Aprendeu a tocar a batería durante a súa adolescencia e uníuse á banda de marcha do seu instituto. Na súa entrada do anuario do instituto Lovering escribiu os súas principais aspiracións: estar nunha banda de rock, ser enxeñeiro eléctrico e xirar con Rush, a súa banda favorita. Despois de graduarse, Lovering estudou enxeñería eléctrica no Wentworth Institute of Technology en Boston. Conseguiu un traballo nunha tenda da cadea RadioShack co seu amigo John Murphy, e, despois de graduarse en Wentworth cun título de grao en 1982, traballou fabricando lásers e continuou tocando a batería en bandas locais como Iz Wizard e Riff Raff.
[editar] Pixies
En 1985 Lovering asistiu á voda de Murphy e Kim Deal. En xaneiro de 1986 Deal foi contratada para tocar o baixo na recén creada Pixies, unha banda de rock alternativo fundada por Charles "Black Francis" Thompson e Joey Santiago. Murphy suxeríulle a Lovering que fixese unha audición coa banda, que aínda non tiña batería. Lovering deixara de tocar a batería nese tempo e nun principio non quedara impresionado pola interpretación das cancións do trío. Porén, despois de tocar xuntos uníuse a eles.
[editar] Notas
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||