Piño, A Pobra do Brollón
Coordenadas: 42°35′44″N 7°25′54″W / 42.595428°N 7.431586°W
| Piño | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | 6,9 km² |
| Poboación | 113 hab. (2011) |
| Densidade | 16,38 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
Santa María de Piño é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Está delimitada por Freituxe ao norte; A Parte e Eixón polo sur; A Ferreirúa, Veiga e Santalla de Rei polo leste e, Mosteiro e Ribas Pequenas polo oeste.
Índice |
Demografía [editar]
No ano 2011 contaba con 113 habitantes (166 en 1991), 56 homes e 57 mulleres, agrupados nas entidades de Corral da Gándara, O Lugar, O Pacio, O Requeixo, Suhortos e Vales, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 16,38 hab./km².
Historia [editar]
Consérvanse restos dun castro prehistórico moi preto da actual localización da aldea.
Fúndase con carácter de Parroquia de Santa María de Piño o 18 de maio do ano 1222. No ano 1477 o abade de Castro de Rei de Lemos afóralle a Pedro Fernández o casal de Piño.
Nalgúns documentos do século XIII esta parroquia aparece co nome de Ecclia Pinu, Sancta María.
Patrimonio artístico [editar]
- Igrexa parroquial de Santa María. Data do século XIX. Posúe unha nave rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta adoelada, a sancristía atópase acaroada ó presbiterio. Conta con retablos e esculturas no interior.
Festividades [editar]
Festas da Santa Bárbara [editar]
As festas de Santa Bárbara son ás festas patronais da parroquia e tamén as máis importantes. Celébrase o primeiro sábado despois da Ascensión, normalmente no mes de maio.
Empezan o venres con festa e verbena. As festas continúan no seu día principal con gaiteiros, misa solemne e procesión, sesión vermú e festa e verbena pola noite. O domingo acaban as festas con gaiteiros, misa solemne e procesión e festa pola noite.
Feira do Viño [editar]
Festa da Castaña e dos Doces [editar]
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Piño [editar]
| Lugares da parroquia de Piño no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
|---|---|
|
Corral da Gándara | O Lugar | O Pacio | Requeixo | Suhortos | Vales |