Mosteiro, Bóveda
| Mosteiro | |
|---|---|
| Concello | Bóveda |
| Área | - km² |
| Poboación | 7 hab. (2008) |
| Entidades de poboación | 1 |
San Paio de Mosteiro é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 7 habitantes (5 mulleres e 2 homes), concentrados en 1 entidade de poboación co mesmo nome, Mosteiro, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 14 habitantes e sobre todo ao ano 1991 cando tiña 39 habitantes. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Índice |
Xeografía [editar]
Linda ó norte con Guntín, ó sur con Ribas Pequenas e Piño, ó leste con Freituxe e, ó oeste con Ver.
Historia [editar]
Certo ou non, fálase da existencia dun antigo mosteiro beneditino, ó cal debería o seu nome esta parroquia.
Patrimonio artístico [editar]
- Igrexa de Mosteiro, data do século XVII, sendo a súa planta rectangular, construída en muros de cachotería de pizarra. Mediante un arco de medio punto rebaixado accédese á capela maior, a distinta altura ca nave. Parece ser que na súa orixe contaba cun pórtico columnado que rodeaba toda a igrexa.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Mosteiro [editar]
| Lugares da parroquia de Mosteiro no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
|---|---|
Parroquias de Bóveda [editar]
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda | |
|---|---|
|
Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu) |