Canedo, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Canedo.
| Canedo | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | 4,4 km² |
| Poboación | (Ano 2008) 72 hab. |
| Densidade | 16,36 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
San Miguel de Canedo é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo que pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Linda ó norte con Laiosa e Óutara, polo oeste con Freituxe, polo leste con Óutara e A Ferreirúa e polo sur con Freituxe e A Ferreirúa.
Índice |
[editar] Demografía
Contaba en 2008 con 72 habitantes (128 en 2001), 35 homes e 37 mulleres, agrupados en 8 entidades de poboación, sendo a súa densidade media, para ó mesmo ano, de 16,36 hab./km².
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa de San Miguel, de época neoclásica, ten nave rectangular, muros revestidos de cemento e tellado de lousa. A sancristía está adherida a un dos laterais da nave. No interior posúe un retablo do s.XVIII e varias imaxes dos séculos XVI, XVII e XVIII. Imaxes: Virxe do Carme, San Miguel, San Roque.
- Capela de San Miguel.
- Casa de Barredo.
[editar] Festividades
- Festas de San Miguel, na honra a San Miguel, celébranse a finais de setembro.
- Festas do Carme, na honra á Virxe do Carme, celébranse o primeiro domingo de setembro.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Canedo
| Lugares da parroquia de Canedo no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
Aldea de Abaixo | Aldea de Arriba | A Eirexe | A Ermida | A Fonte | A Presa | Quintairo | Telo |
[editar] Parroquias da Pobra do Brollón
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|||||