Parada dos Montes, A Pobra do Brollón
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parada.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Os Montes.
| Parada dos Montes | |
|---|---|
| Concello: | A Pobra do Brollón |
| Área: | 9,41 km² |
| Poboación: | (Ano 2007) 34 hab. |
| Densidade: | 6,8 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 3 |
Santa Einés de Parada dos Montes é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2007 contaba con 34 habitantes (64 en 1991) agrupados nas entidades de Couso, Parada dos Montes e Río de Bois, cunha densidade media de poboación de 6,8 hab/km².
Índice |
[editar] Xeografía
Linda coa parroquia de Saa polo norte, Salcedo polo sur, Vilamor ao leste, e Lamaigrexa e Saa polo oeste.
[editar] Historia
Dise que a aldea de Parada dos Montes non estaba onde está agora. Seica un dia houbo un señor que necesitaba axuda e dixo que a aldea que non o escoitase e non acudise a axudalo sería cambiado de lugar. Parada dos Montes non acudiu e polo tanto foi cambiado para onde está agora. Aínda se conserva o nome dalgún campo onde se supón que estaba antes a aldea.
A a principios do século XV chegaban a estes lugares os arrendatarios do mosteiro de Meira, pertencente á orde do Císter.
[editar] Patrimonio artístico
En Parada dos Montes os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse mellor da intemperie.
- Igrexa de Santa Einés: o templo parroquial é do século XIX pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte de Lemos.
[editar] Festas
As festas parroquiais celébranse na honra a Santa Einés, cara o 21 de xaneiro. A festa non se celebrou durante 25 anos pero recuperouse no 2007.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Parada dos Montes
| Lugares da parroquia de Parada dos Montes no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|