Cereixa, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cereixa
Concello A Pobra do Brollón
Área 7,52 km²
Poboación (Ano 2007) 160 hab.
Densidade 21,28 hab./km²
Entidades de poboación 11

San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.

Limita ao norte coas parroquias de Eixón e Castrosante, ao sur con Pinel e Abrence, ao leste coa Pobra do Brollón e Castroncelos, e ao oeste con Fornelas e Chavaga.

Índice

[editar] Demografía

En 2008 contaba con 160 habitantes, 81 homes e 79 mulleres, agrupados en 11 entidades de poboación, cunha densidade de 21,28 hab./km².

A súa poboación disminuíu notablemente dende 1991, cando tiña 227 habitantes.

[editar] Historia

Na zona de Alende hai restos do castro de Alende.

Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no s. XIV. Na zona de Nogueiras hai os restos dun muíño no que a fidalga se reunía para planear as revoltas.

[editar] Patrimonio artístico

  • Igrexa de San Pedro, ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a duas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas.
  • Capela de Nogueiras.

[editar] Festividades

As festas da parroquia celébranse na honra á Virxe do Rosario, en outubro.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Cereixa

Lugares da parroquia de Cereixa no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

A Albariza | Alende | As Areas | Cima de Vila | A Estación | O Falcón | A Ponte | Guntiñas | Nogueiras | Rairos | A Zapateira

[editar] Parroquias da Pobra do Brollón

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas