Saa, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Saa.
| Saa | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | 30,28 km² |
| Poboación | 151 hab. (2007) |
| Densidade | 4,99 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13 |
Santa María de Saa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Linda ó norte coas parroquias de Ferreiros e Trascastro; ó sur coa Pobra do Brollón e Lamaigrexa; ó leste con Parada dos Montes e Vilamor e, ó oeste con Castrosante.
Índice |
Dadas demográficas [editar]
Contaba en 2007 con 151 habitantes (212 en 1991) agrupados en 13 entidades de poboación, cunha densidade de 4,99 hab./km².
Construcións [editar]
- Igrexa de Santa María: construída a finais do s.XVI, ten na fachada unha porta enmarcada nun arco adoelado e cabido suxeito por columnas. A sancristía está adosada ó presbiterio. No interior posúe un retablo de liñas renacentistas e esculturas dos s. XVII e s. XVIII.
- Capela do San Vitoiro: situada no medio das montañas. O San Vitoiro é o santo patrón das aldeas das Forgas, Covadelas, Teixeira, Pradelas, Penadexo e Lebrón.
Festas [editar]
- Festas da Nosa Señora: festas patronáis, celebradas o 15 de agosto.
- Romaría do San Vitoiro: celebradas o 27 de agosto na ermita.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Saa [editar]
| Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal |