Castrosante, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castrosante.
| Castrosante | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | 5 km² |
| Poboación | (Ano 2008) 35 hab. |
| Densidade | 7 hab./km² |
| Entidades de poboación | 2 |
Santa Mariña de Castrosante é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Linda ó norte con Santalla de Rei e Ferreiros, ó sur con Cereixa e A Pobra do Brollón, ó leste con Saa e, o oeste con Eixón.
Índice |
[editar] Demografía
No ano 2008 tiña 35 habitantes (22 homes e 13 mulleres) e unha densidade de 7 hab./km². Isto supón un descenso de 21 persoas respecto ó ano 1991, cando contaba con 56. Na actualidade só está poboada a entidade de Castrosante, estando deshabitado o lugar de Alto de Santa Lucía.
[editar] Historia
Consérvanse alguns restos do antigo castro de Santa María, que foi destruído e que lle dá nome á parroquia.
[editar] Patrimonio artístico
- A igrexa de Santa Mariña, data do s. XIX. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva retablos con esculturas do s. XVIII.
[editar] Festividades
As festas da parroquia celébranse en agosto na honra a San Roque.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Castrosante
| Lugares da parroquia de Castrosante no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|