Castroncelos, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castroncelos.
| Castroncelos | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2008) 164 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
Santiago de Castroncelos é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo que pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Limita coas parroquias da Pobra do Brollón e Lamaigrexa ao norte, Cereixa polo oeste, Salcedo ao leste, e Abrence e Barxa de Lor ao sur.
Índice |
[editar] Demografía
Contaba en 2008 con 164 habitantes, 81 homes e 83 mulleres, repartidos en 8 entidades de poboación, o que supón un gran descenso respecto ao 1991, cando contaba con 247 habitantes.
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa de Santiago, data de época medieval, sofrendo varias reformas posteriores. Conta cunha torre cadrada, con muros de lousa, e catro vans enmarcados por arcos.
- Capela de Facendas, en Piñeiros.
- Casa do Mesón.
[editar] Festividades
As festas de Castroncelos celébranse na honra a Santiago Apóstolo, patrón da parroquia, o día 25 de xullo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Castroncelos
| Lugares da parroquia de Castroncelos no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
|---|---|
|
Castroncelos | O Empalme | A Estación | Martul | Outeiro | Piñeiros | Vilarmao |