Eixón, A Pobra do Brollón
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eixón.
| Eixón | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Área | 5,6 km² |
| Poboación | (Ano 2008) 72 hab. |
| Densidade | 12,86 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra de Brollón na provincia de Lugo na comarca da Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei.
Índice |
[editar] Xeografía
Está delimitada polos termos parroquiais de Piño e Santalla de Rei polo norte; Cereixa polo sur; Santalla de Rei e Castrosante polo leste e, A Parte e Fornelas polo oeste.
O río Cabe travesa a aldea procedente de Santalla de Rei, e separa as entidades de Barrio de Arriba, A Lama e A Vila, de Alende, A Nogueira e O Porto.
A parroquia ten un gran desnivel, dividindo en dous. Arriba está o Barrio de Arriba e parte da Vila e abaixo as demais entidades.
[editar] Dadas demográficas
Contaba en 2008 con 72 habitantes (32 homes e 40 mulleres), 6 menos que no ano anterior Conta cunha densidade de 12,86 hab./km². A poboación diminuíu notablemente nos últimos 16 anos (1991-2007) pasando de 132 habitantes a 72.
| Entidade de poboación | Habitantes (2008) | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| Barrio de Arriba | 24 | 9 | 15 |
| A Lama | 19 | 9 | 10 |
| A Vila | 18 | 9 | 9 |
| A Nogueira | 8 | 4 | 4 |
| Alende | 3 | 1 | 2 |
| TOTAL | 72 | 32 | 40 |
[editar] Historia
Esta parroquia, de presentación dos condes de Lemos na Idade Media, aparece nos documentos medievais baixo a grafía de "Eijión".
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa parroquial de San Xurxo, de época neoclásica ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas e catro augas con tellado de lousa. Na fachada ten un fornelo coa imaxe de San Xurxo, unha ventá rectangular e está coroada por un frontón. Posúe tamén unha torre cadrada e conserva no interior retablos e esculturas do século XVIII.
[editar] Festividades
- Festas de San Xurxo: patrón da aldea, o 23 de abril.
- Festas de San Bartolomé: o último domingo de agosto.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Eixón
| Lugares da parroquia de Eixón no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
Alende | Barrio de Arriba | A Lama | A Nogueira | O Porto | A Vila |