Pepita Carpena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPepita Carpena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Josefa Carpena-Amat Editar o valor em Wikidata
19 de decembro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 2005 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
15th arrondissement of Marseille, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , tradutora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMujeres Libres Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata


Josefa Carpena-Amat, máis coñecida como Pepita Carpena, nada en Barcelona o 19 de decembro de 1919 e finada en Marsella (Francia) o 5 de xuño de 2005, foi unha feminista e anarcosindicalista española.[1]

Frecuentou desde moi nova o movemento libertario e tomou parte na Revolución social española de 1936, dentro da Confederación Nacional do Traballo (CNT), das Juventudes Libertarias e do movemento Mujeres Libres.[2]

A súa sobriña Griselda Martín Carpena, doutora en medicina, profesora de ciencias e escritora, publicou a novela Mujeres en la sombra, baseada na vida de Pepita. O personaxe de Paula está inspirado na súa tía.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio barcelonés de El Poble-sec, nunha familia numerosa de clase obreira. Comezou a traballar aos 12 anos como costureira. Aos 14 anos implicouse na revolución española e adheriuse á Confederación Nacional do Traballo e ás Juventudes Libertarias (JJLL).

O 18 de xullo de 1936 tomou parte na revolución e o 20 de xullo participou no asalto ao cuartel de Drassanes. O 17 de novembro uniuse á compañía de Pedro Pérez Mir, quen morreu na fronte. Participou nos sucesos de maio de 1937 e a finais dese ano uniuse ao movemento anarcofeminista Mujeres Libres. Foi designada polo movemento como secretaria de propaganda do Comité Rexional de Cataluña. Impartiu conferencias nas vilas e na fronte, onde coñeceu a Emma Goldman. Durante a guerra civil española tamén traballou nunha fábrica de armamento e municións.

O 25 de xaneiro de 1939, véspera da entrada das tropas franquistas na cidade, partiu a Francia. Foi internada durante case un ano nun campo en Clarmont d'Erau, na fronteira con Montpellier. Casou cun francés a quen deixou á súa chegada a Marsella, onde había numerosos refuxiados españois. Converteuse en compañeira do anarquista Juan Martinez Vita, chamado Moreno,[4] e continuou a súa militancia despois da Liberación de París.

En abril de 1945 foi delegada en Tolosa para o I Congreso da FIJL no exilio. Posteriormente tomou parte no grupo de teatro Acratia e militou na CNT no exilio. Desde 1979 colaborou no Centro Internacional de Investigación do Anarquismo (CIRA), do que foi coordinadora da rama marsellesa entre 1988 e 1999. En 1992 escribiu as súas memorias, publicadas en francés en 2000 co título Toute une vie: mémoires. En 1994 participou nun debate sobre feminismo e posfeminismo. Colaborou nas obras históricas colectivas Mujeres Libres e Luchadoras Libertarias, e tamén no boletín do CIRA e noutras publicacións libertarias españolas e francesas.

Morreu en Marsella o 5 de xuño de 2005, onde o seu corpo foi incinerado.[5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heath, Nick (28 de setembro de 2004). "Carpena, Pepita, 1919-2005". libcom.org (en inglés). 
  2. Ruíz Eugenio, Laura (10 de xuño de 2005). "Pepita Carpena, luchadora libertaria de Mujeres Libres". El País (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2023. 
  3. Martín Carpena, Griselda (2009). Mujeres en la sombra (en castelán). Barcelona: Comanegra. ISBN 9788493600655. OCLC 733785230. 
  4. Salud, Paco (8 de novembro de 2021). "Juan martinez vita". Federaciónanarquista.net (en castelán). 
  5. "Muere Pepita Carpena histórica anarquista". El Periódico Mediterráneo (en castelán). 8 de xuño de 2005. Consultado o 23 de setembro de 2023. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]