Pedofilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escena pedófila nun cadro de Martin Van Maele.

A pedofilia (do grego παιδοφιλια e este de παις-παιδος páis-paidós, «pícaro, cativo, neno», e φιλíα filía, «amizade») é unha parafilia consistente na atracción sexual cara a nenos que aínda non chegaron á puberdade. Esta tendencia non se traduce necesariamente na comisión de actos de carácter sexual.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Interpretación[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista psicanalítico, a pedofilia é a incapacidade para manter unha relación amorosa adulta, e ten a súa orixe nun elemento narcisista que se manifesta na tendencia do pedófilo para amar no neno o seu propio ser na infancia, proporcionándolle ao cativo o trato que el recibiu ou o oposto.[1]

Conduta[editar | editar a fonte]

Para ser clasificado como pedófilo unha persoa ten que ter 16 anos ou máis, ter polo menos 5 anos máis que o neno, ter actuado conforme á súa tendencia ou terse sentido trastornado por ela. As preferencias sexuais dos pedófilos son moi específicas e a súa conduta é normalmente crónica e moi duradeira.[2]

A conduta pedofílica pode adoptar diversas formas que van dende a exhibición das partes íntimas do corpo do pedófilo, bicar ou acariciar sexualmente o corpo do neno, tocar as súas partes íntimas, inducilo a tocar as partes íntimas do pedófilo ou realizar o coito co neno. Arredor do 12% dos homes e o 17% das mulleres reportaron ter sufrido tocamentos por unha persoa adulta cando eran nenos. A meirande parte das vítimas de pedofilia non buscan axuda dos servizos sociais e moitos non lle comunican á súa familia a agresión sufrida. A idade media á que se deciden a comunicarllo a alguén é de 44 anos.[3]

Repercusión social[editar | editar a fonte]

Logo advertindo contra os pedófilos, Polonia.

Os medios de comunicación veñen prestando atención á pedofilia dende que se descubriu que un número importante de sacerdotes da Igrexa Católica abusou sexualmente de nenos e adolescentes. Este feito provocou a protesta pública e o pago de indemnizacións por cantidades moi elevadas. Como resultado deste escándalo moitos membros do clero foron despoxados do sacerdocio e outros enfróntanse a cargos legais.

Algúns pero non todos os violadores de nenos poden clasificarse como pedófilos. En xeral, a distinción que se fai entre pedófilos e outros delincuentes sexuais é que os pedófilos só se excitan cos nenos pero mostran ningunha ou menor excitación con persoas adultas. Porén na investigación da resposta sexual dos pedófilos empregando un pletismógrafo para medir a variación do tamaño do pene durante a exposición a estímulos, atopouse que algúns dos participantes con condutas pedofílicas no seu currículo responderon tanto a nenos como a adolescentes ou adultos. Unha hipótese que explicaría este feito mantén que algúns pedófilos escollen a nenos porque son inofensivos ou porque poden ser idealizados por seren capaces de dar amor incondicional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pedofilia

Outros artigos[editar | editar a fonte]