Exhibicionismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O exhibicionismo (do latín exhibere, "mostrar") é o comportamento consistente na exhibición dos xenitais como medio para obter excitación sexual.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os exhibicionistas son sempre homes. Consideran o seu comportamento inofensivo, pois para eles é simplemente un medio para obter a autosatisfacción sexual. A súa excitación é maior cando as persoas, principalmente mulleres e nenos, reaccionan con asombro ou se escandalizan.

O comportamento exhibicionista comeza na maioría dos casos entre os 20 e os 30 anos. O exhibicionista ten a necesidade irresistible e compulsiva de mostrar os seus xenitais, a pesar da vergoña e a ansiedade que lle provoca. Un terzo das persoas arrestadas por delitos sexuais son exhibicionistas e arredor do 20% son arrestados máis dunha vez.

As terapias psicolóxicas ensaiadas para o tratamento dos suxeitos exhibicionistas van dende a psicodinámica ate a conductual. Os resultados obtidos son desiguais e impredicibles.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exhibicionismo