Kyle Hines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kyle Hines
Olimpia Milano  – No. 42
Información persoal
Nacemento 2 de setembro de 1986 (37 anos)
Nova Jersey Sicklerville, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Posición Pivote / Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Timber Creek (Erial, Nova Jersey)
Universidade UNC Greensboro (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: Sen draftear
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Veroli (2008–2010)
Brose Bamberg (2010–2011)
Olympiacos (2011–2013)
CSKA Moscova (2013–2020)
Olimpia Milano (2020–presente)
Premios e galardóns
4× Campión da Euroliga (2012, 2013, 2016, 2019)

Kyle Terrel Hines, nado o 2 de setembro de 1986 en Sicklerville, Nova Jersey, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A e a Euroliga.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2008, Hines asinou co Veroli Basket da segunda división italiana, onde xogou durante dúas tempadas e gañou en 2009 e 2010 a copa da segunda división de Italia.

En agosto de 2010, asinou un contrato dun ano co Brose Bamberg da Basketball Bundesliga alemá.[1] Co Brose gañou a Supercopa de Alemaña, a Copa de Alemaña e a Bundesliga, e foi escollido coma mellor xogador das Finais da liga en 2011.[2]

En xullo de 2011, Hines asinou co Olympiacos BC grego,[3] onde gañou dúas Euroligas en 2012 e 2013, e a liga grega en 2012. O 24 de xuño de 2013, Hines decidiu rematar o seu contrato co Olympiacos.[4]

O 28 de xuño de 2013, Hines asinou un contrato de dous anos co PBC CSKA Moscova ruso.[5]

En maio de 2020, tras sete tempadas no CSKA, asinou un contrato co Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BROSE BASKETS re-signs Jacobsen, adds Hines.". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2020. 
  2. "beko-bbl.de Kyle Hines beerbt Casey Jacobsen als Finals-MVP.". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2020. 
  3. Reds pick up Kyle Hines.
  4. "Kyle Hines opted out of his contract with Olympiacos". Sportando.net. 24 de xuño de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2013. 
  5. "CSKA Moscow announced Kyle Hines". Sportando.net. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  6. "Kyle Hines parting ways with CSKA and heading to Milan". Eurohoops. 2020-05-29. Consultado o 2020-05-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]