Nervio glosofarínxeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio glosofarínxeo
Zona superior do nervio glosofarínxeo, xunto co vago e nervio accesorio.
Percorrido do nervio glosofarinxeo, vago e nervio accesorio
Gray: subject #204 906
Innervación    músculo estilofarínxeo
Ramas nervio timpánico
MeSH Glossopharyngeal+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio glosofarínxeo é o noveno par cranial (IX). A súa orixe atópase no bulbo raquídeo do encéfalo. Atravesa o forame xugular e faise exocranial. Este nervio segue ó músculo estilofarínxeo e pasa entre os músculos constritores superior e medio da farinxe para acadar a orofarinxe e a lingua. Contribúe ó plexo nervioso farínxeo. O nervio glosofaríngeo chega á lingua e á farinxe.

Funcións do nervio[editar | editar a fonte]

Núcleos asociados[editar | editar a fonte]

  • Núcleo solitario: recolle información do terzo posterior da lingua e dos baro e quimiorreceptores carotídeos.
  • Núcleo espiñal do trixémino
  • Núcleo ambiguo
  • Núcleo salivar inferior: leva información parasimpática ás glándulas salivares.

Ramos[editar | editar a fonte]

  • Anastomose co nervio vago
  • Nervio timpánico
  • Nervio estilo-farínxeo
  • Nervio para o seo carotídeo
  • Ramos para o terzo posterior da lingua
  • Ramos linguais, que se anastomosarán co nervio lingual
  • Ramos menínxeos
  • Ramo auricular