Motor ocular externo
| Nervio abducens | |
|---|---|
| Percorrido do nervio abducens | |
| Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais en inglés. | |
| Gray: | subject #201 899 |
| Proveniente de: | abducens nucleus |
| MeSH | Abducens+Nerve |
| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducens |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulo-coclear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |
O nervio motor ocular externo ou nervio abducens é o sexto dos doce pares craniais. Encárgase de innervar o músculo recto lateral do ollo, que se encarga de mover o ollo cara fóra.
Índice |
Orixe real [editar]
Atópase no núcleo abducens, que se atopa por debaixo da ponte de Varolio.
Orixe aparente e percorrido [editar]
Xorde por debaixo da ponte de Varolio e pasa por fóra da pirámide bulbar. Pode pasar por diante ou por detrás da arteria cerebelosa antero-inferior. Fura a duramadre do espazo cranial posterior, pasa xunto ós seos petrosos superior e inferior, atravesa o seo venoso cavernoso e xunto coa arteria carótide interna percorre a fendidura esfenoidal ata a órbita. Unha vez nela pasa por dentro do anel de Zinn e chega á parede externa da cavidade ocular, pegándose ó músculo recto externo.
Función [editar]
Move o músculo recto externo ou lateral do ollo. É puramente motor.
Lesións do VI par [editar]
Lesións no nervio producen parálise do músculo recto externo, polo que o ollo non é quen de ir cara fóra.