Nervio troclear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio troclear
Блоковый нерв.jpg
Traxecto do nervio troclear (en amarelo)
Brain human normal inferior view with labels en.svg
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais anotados en inglés.
Latín nervus trochlearis
Inervación    superior oblique muscle
MeSH Trochlear+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducens
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulo-coclear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio troclear ou nervio patético é o cuarto dos doce pares craniais. Trátase dun nervio motor, que inerva o músculo oblícuo superior do ollo. Este leva o globo ocular cara fóra.

Orixe real[editar | editar a fonte]

Atópase a nivel dos colículos inferiores, por diante da substancia gris periacuedutal, por debaixo da orixe do nervio motor ocular común.

Orixe aparente[editar | editar a fonte]

Áchase por debaixo dos colículos. O nervio atravesa o velo medular posterior. Viaxa pola parte lateral do mesencéfalo e chega ó seo venoso cavernoso. Chega á órbita a través da fendidura esfenoidal seguindo ese seo venoso.

Funcións[editar | editar a fonte]

Só ten a de mover o músculo oblícuo maior do ollo.

Lesións[editar | editar a fonte]

As súas lesións ocasionarán problemas visuais. Se son lesións centrais, a afección é contralateral (lesión do nervio dereito afecta ó ollo esquerdo e viceversa).