Nervio trixémino
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nervio trixémino | |
|---|---|
| Nervio trixémino, en amarelo | |
| Nervio trixémino, co ganglio de Gasser | |
| Latín | nervus trigeminus |
| Gray: | subject #200 886 |
| Ramas | nervio oftálmico nervio maxilar nervo mandibular |
| MeSH | Trigeminal+Nerve |
| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducens |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulo-coclear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |
O nervio trixémino é o quinto dos pares craniais. Trátase ademais do par cranial de maior grosor e número de ramas. Recolle a sensibilidade da faciana e leva información motora ós músculos masticadores desta rexión anatómica.
Índice |
Orixe aparente [editar]
Fórmase por dúas ramas procedentes da cara antero-lateral da protuberancia anular. O ramo sensitivo é o de maior calibre e leva por dentro a rama motora, moito máis pequena.
Orixe real [editar]
Atópase en varios núcleos. Un é motor e tres son sensitivos:
- Núcleo motor: atópase na profundidade da protuberancia, por riba do núcleo do nervio facial.
- Núcleos sensitivos:
- Núcleo mesencefálico: atópase na substancia gris do mesencéfalo. Recolle información propioceptiva.
- Núcleo sensitivo principal: áchase na substancia gris da ponte de Varolio. Recolle sensibilidade tactil epicrítica.
- Núcleo espiñal/bulboespiñal: atópase no bulbo e na medula espiñal. Recolle información táctil, térmica e dolorosa.
Traxecto [editar]
Despois de saír da protuberancia, ascende e penetra no cranio, na porción petrosa do temporal. Neste óso, na cara anterosuperior desa porción, atoparemos o ganglio de Gasser. Neste ganglio atopamos o núcleo das neuronas do V par. Del partirán as ramas do V par cranial.
Ramos do V par [editar]
- 1. Nervio oftálmico: atravesa a fendedura esfenoidal e chega á órbita. Abréviase como V1.
- 2. Nervio maxilar superior: atravesa o burato redondo maior do esfenoide e vai á poza pterigo-maxilar. Dela vai á fendedura esfenomaxilar e logo á órbita. Abréviase como V2.
- 3. Nervio maxilar inferior: atravesa o burato oval do bordo interno do esfenoide e vai á poza cigomática. Chegará logo á mandíbula.