Nervio oculomotor
| Nervio oculomotor | |
|---|---|
| Nervio óptico en cara posterior del ojo. | |
| Latín | nervus opticus |
| Gray: | subject #197 882 |
| Inervación | Sensitivo: visión |
| Proveniente de: | Neuroepitelio olfactorio situado na cavidade nasal |
| Ramas | Tractos olfactorios que ingresan no diencéfalo. |
| MeSH | Optic+Nerve |
| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducens |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulo-coclear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |
O nervio oculomotor, nervio motor ocular común (M.O.C.) ou III par cranial é un nervio cranial. Ten unha función completamente motora, é un dos nervios que controla o movemento ocular e é responsable do tamaño da pupila. O nervio encárgase de dar inervación aos músculos extrínsecos do ollo. Inerva o elevador da pálpebra superior, músculo recto medial ou interno, recto superior, recto inferior e oblicuo inferior. Orixínase do mesencéfalo e a súa función é basicamente o movemento do globo ocular xunto co nervio troclear e o nervio abducens.
Índice |
Núcleos do nervio [editar]
O nervio oculomotor ten dous núcleos motores:
- O núcleo motor principal.
- O núcleo parasimpático accesorio.
Núcleo oculomotor principal [editar]
O núcleo oculomotor principal está situado na parte anterior da substancia gris que rodea o acueduto cerebral do mesencéfalo, está situado a nivel do colículo superior.
O núcleo consiste en grupos de células nerviosas que inervan todos os músculos extrínsecos do ollo, excepto o oblicuo superior e o recto lateral. As fibras nerviosas eferentes diríxense anteriormente a través do núcleo vermello e saen sobre a superficie anterior do mesencéfalo na fosa interpeduncular. O núcleo principal do nervio oculomotor recibe fibras corticonucleares desde ambos os hemisferios cerebrais. Recibe fibras tectobulbares do colículo superior e a través desta vía chégalle información da corteza visual. Tamén recibe fibras desde o fascículo lonxitudinal medial, polo cal está conectado cos núcleos dos nervios cranianos cuarto, sexto e oitavo.
Núcleo parasimpático accesorio [editar]
O núcleo parasimpático accesorio (núcleo de Edinger - Westphal) está situado por detrás do núcleo motor principal. Os axóns das células nerviosas, que son preganglionares, acompañan outras fibras oculomotoras até a órbita. Aquí fan sinapse no ganglio ciliar e as fibras pos-ganglionares pasan a través dos nervios ciliares curtos até o esfínter da pupila do iris e os músculos ciliares. O núcleo parasimpático accesorio recibe fibras corticonucleares para o reflexo de acomodación e fibras do núcleo pretectal para os reflexos foto motor directo e consensual.
Orixe, traxecto e relacións [editar]
O nervio oculomotor sae sobre a superficie anterior do mesencéfalo. Diríxese para adiante entre as arterias cerebral posterior e cerebelosa superior. Despois continúa na fosa craniana media na parede lateral do seo cavernoso. Aquí divídese nun ramo superior e outro inferior, que entran na cavidade orbitaria a través da cisura orbitaria superior.
Territorio de inervación [editar]
Inerva os seguintes músculos extrínsecos do ollo: músculo elevador da pálpebra superior, músculo recto superior, recto medial, recto inferior e músculo oblicuo inferior. A través da súa póla para o ganglio ciliar e dos nervios ciliares curtos tamén proporciona fibras parasimpáticas aos seguintes músculos intrínsecos: esfínter da pupila do iris e músculos ciliares.
Polo tanto, o nervio oculomotor é completamente motor e é responsable de elevar a pálpebra superior, de xirar o ollo para arriba, abaixo e medialmente, de contraer a pupila e de acomodar o ollo.
Semioloxía [editar]
A exploración do III par cranial adoita incluír manobras que avalían tamén o IV e VI par cranial, pois as íntimas funcións destes tres nervios craneais controlan o movemento ocular e o tamaño pupilar.[1]
Notas [editar]
- ↑ John Macleod, John F. Munro e Ian W. Campbell (2001). McCleod Exploracion Fisica (10ma ed.). pp. 197. ISBN 8481745499. http://books.google.com/books?id=LrYSggF4AcUC. Consultado o 17 de xuño de 2009.