Nervio óptico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio óptico
Gray773.png
Nervio óptico esquerdo e optic tracts.
Brain human normal inferior view with labels en.svg
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais en en inglés
Latín nervus opticus
Gray: subject #197 882
MeSH Optic+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducens
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulo-coclear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio óptico é o segundo dos doce pares craniais. Leva información visual da retina a outras partes do sistema nervioso central.

Características[editar | editar a fonte]

Puramente sensitivo, este nervio fórmase a partir dos axóns das células nerviosas da retina. A continuación diríxese cara o fondo da órbita. Atravésaa servíndose dos canles ópticos do esfenoide. Ata este punto, cada nervio óptico porta dous conxuntos de febras. Cada conxunto está formado por unhas febras nasais (procedentes da parte medial do ollo) e por unhas febras temporais (da parte lateral do ollo). O nervio continúa cara atrás ata chegar ó quiasma óptico, onde as febras nasais de cada nervio cambian de lado. A información recollida polo nervio óptico chegará a diversas estruturas:

  • Córtex occipital, a ambos lados da cisura calcarina.
  • Corpos xeniculados laterais
  • Tálamo e glándula pineal

Tamén hai conexións con outras áreas do sistema nervioso central.

Lesións do nervio óptico[editar | editar a fonte]

Unha lesión de todo o nervio dun lado por diante do quiasma produce a perda de visión total do ollo dese lado. Por detrás do quiasma, pérdese o campo nasal dun ollo e o campo temporal do outro. Certos tumores cerebrais comprimen o nervio óptico e dificultan e/ou impiden a visión do ollo dese lado.