Nervio facial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio facial
Nervio cranial VII
Nervios do coiro cabeludo, rostro e pescozo.
Latín nervus facialis
Gray: subject #202 901
MeSH Facial+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio facial é o sétimo dos doce pares craniais. Asóciase con outro nervio, o intermediario de Wrisberg. Recolle información sensitiva do terzo anterior da lingua e leva información motora para os músculos da faciana. Tamén emite fibras cara aos ganglios do pescozo.

Ramos do facial[editar | editar a fonte]

Ramos intracraniais[editar | editar a fonte]

  • Nervio petroso maior: leva información parasimpática á glándula lacrimal.
  • Corda do tímpano: recolle información sensitiva para as glándulas submandibular e submaxilar e para os dous terzos anteriores da lingua.
  • Nervio motor para o músculo do estribo

Ramos extracraniais[editar | editar a fonte]

  • Nervio auricular posterior: controla movementos os músculos da orella.
  • Ramo para o ventre posterior do digástrico
  • Ramos maiores do facial (divídense na glándula parótide):
    • Ramo temporal
    • Ramo cigomático
    • Ramo mandibular
    • Ramo bucal
    • Ramo cervical

Funcións do facial[editar | editar a fonte]

  • Motoras: leva información motora para os músculos da faciana.
  • Sensitivas: recolle información gustativa do terzo anterior da lingua.
  • Mixta: leva información cara as glándulas salivares.
  • Motora: move o músculo do estribo.

Núcleos asociados[editar | editar a fonte]

  • Núcleo facial
  • Núcleo gustativo-solitario
  • Núcleo salivar superior