Nervio hipogloso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nervio hipogloso | |
|---|---|
| Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas. | |
| Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais anotados en inglés. | |
| Latín | nervus hypoglossus |
| Gray: | subject #207 914 |
| Inervación | xeniogloso, hiogloso, estilogloso |
| Ramas | ansa cervical |
| MeSH | Hypoglossal+Nerve |
| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducens |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulo-coclear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |
O nervio hipogloso, nervio hipogloso maior ou XII par cranial é un nervio craniano que se encarga especialmente de coordinar os movementos da lingua. Sae do cranio, do óso occipital, a través do burato condíleo anterior. Sae acompañado dos nervios do grupo do vago (IX, X e XI pares craniais). Despois sepárase deles e diríxese cara a beira lateral da lingua. Inervará a maior parte da musculatura extrínseca da lingua (o palatogloso non, que é inervado polo nervio accesorio) e parte dos músculos hoideos.
O seu núcleo atópase do bulbo raquídeo, no suco preolivar, que separa a oliva da pirámide. A este núcleo denomínaselle núcleo do hipogloso. É un nervio motor puro.
Ten 7 ramos colaterais:
- Ramo menínxeo ou recurrente.
- Ramos vasculares.
- Ramo anstomóstico para o ganglio plexiforme do neumogástrico ou X par.
- Nervio do músculo tirohioideo.
- Nervio dos músculos hiogloso e estilogloso.
- Ramo anastomótico para o nervio lingual.
- Nervio do xenihioideo.
-
Visión postero-lateral do tronco encefálico.