Nereida (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nereida
Nereid-Voyager2.jpg
Imaxe de Nereida tomada pola Voyager 2.
Descubrimento
Descuberta por Gerard P. Kuiper[1]
Descuberta en 1 de maio do 1949
Características orbitais
periapse 1.372.000 kms (0,00917 UA)
apoapse 9.655.000 kms (0,06454 UA)
Eixo semi-maior 5.513.787 kms (0,03685 UA)
Excentricidade 0,7507 (Época 2000)[2]
Período orbital 360,1362 d
Velocidade orbital media 934 m/s
Inclinación 7,090° respecto do plano local de Laplace (Época 2000)[2]
32,55° respecto do ecuador de Neptuno
é satélite de Neptuno
Características físicas
Radio medio 170±25 kms[3]
Masa 3,1 x 1019 kg (asumida)[3]
Densidade media 1,5 g/cm3 (asumido)[3]
Período de rotación 0,48 d (11 h 31 min)[4]
Albedo 0,155[3]
Temperatura superficial ~50 K de media (estimada)

Nereida (en grego Νηρηΐδα), tamén coñecido coma Neptuno II, é a terceira lúa máis grande de Neptuno. Unha das súas características máis rechamantes é a súa grande excentricidade orbital. Nereida foi descuberta por Gerard P. Kuiper no ano 1949.

Descubrimento e Bautizo[editar | editar a fonte]

Nereida foi descuberta o 1 de maio de 1949 por Gerard P. Kuiper, en placas fotográficas tomadas co telescopio de 82 polgadas do Observatorio McDonald. Propuxo o nome no informe do anuncio do seu descubrimento e máis tarde recibiría nome das Nereidas, as ninfas do mar na mitoloxía grega e asistentas do deus Neptuno.[1] Foi a última lúa en ser descuberta antes da chegadas da sonda Voyager 2, a cal descubriría varias lúas máis.[5]

Órbita e Rotación[editar | editar a fonte]

A órbita de Nereida é de movemento directo [6] a unha distancia media de 5.513.400 kms, pero a súa grande excentricidade de 0,7507 fai que o punto máis próximo (periapse) ó seu planeta quede situado a 1.372.000 kms e o máis afastado (apoapse) quede a 9.655.000 kms.

Esta peculiar órbita suxire que esta lúa podería se-la captura dun asteroide ou dun obxecto procedente do cinto de Kuiper, ou que a órbita desta lúa foi perturbada durante a captura da lúa máis grande de Neptuno, Tritón.

O período de rotación de Nereida foi determinado pola análise da súa curva de luz, sendo este período de 11,52±0,14 horas.[4]

Características físicas[editar | editar a fonte]

Nereida é o terceiro satélite máis grande de Neptuno cun radio medio de 170 kms.[3] Probablemente a lúa irregular máis grande do noso Sistema Solar.[4]

O espectro de Nereida é de cor gris[6] é foi detectado xeo de auga na súa superficie.[7] O seu espectro amósase coma algo intermedio entre os espectros das lúas de Urano Titania e Umbriel, o cal suxire que a superficie de Nereida é unha mestura entre xeo de auga e algún material espectralmente neutro .[7] O espectro de Nereida é considerablemente diferente dos espectros de planetas menores coma Pholus, Quirón e 1997CU26, suxerindo que hai moitas máis posibilidades de que Nereida se formase ó redor de Neptuno, en decrecemento das posibilidades de que sexa un corpo capturado.[7]

A lúa Halímede podería ser un fragmento arrincado de Nereida por mor evento de colisión.[8]

Exploración[editar | editar a fonte]

A única sonda que visitou Nereida foi a Voyager 2, a cal pasou preto de Nereida, a unha distancia de 4.700.000 kms[9] entre o 20 de abril e o 19 de agosto de 1989.[10] A Voyager 2 obtivo 83 imaxes da lúa cunha precisión entre 70 a 800 kms.[10] Antes da chegada da Voyager 2, as observacións de Nereida estiveron limitadas ós telescopios terrestres que só puideron establece-lo brillo intrínseco de Nereida e os seus elementos orbitais.[11] Aínda que as imaxes obtidas pola sonda espacial non tiñan resolución de abondo para distingui-las características superficiais da lúa, a Voyager 2 puido establecer que o albedo da lúa é máis grande en comparación con outros satélites pequenos de Neptuno e que posiblemente a lúa sexa de cor gris.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gerard P. Kuiper (1949). "The second satellite of Neptune". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 61: 175–176. DOI:10.1086/126166. http://adsabs.harvard.edu//full/seri/PASP./0061//0000175.000.html.
  2. 2,0 2,1 "Jacobson, R.A. (2009)". JPL (Solar System Dynamics). 30-03-2009. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_elem#neptune. Consultado o 31-03-2009.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 13-07-2006. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 24-01-2008.
  4. 4,0 4,1 4,2 T. Grav; M. Holman, J. J. Kavelaars (2003). "The Short Rotation Period of Nereid". The Astrophysical Journal 591: 71–74. DOI:10.1086/377067. http://arxiv.org/pdf/astro-ph/0306001.
  5. "Neptune: Moons: Nereid". NASA. http://solarsystem.nasa.gov/planets/profile.cfm?Object=Nep_Nereid. Consultado o 08-11-2009.
  6. 6,0 6,1 6,2 McFadden, Lucy Ann Adams; Weissman, Robert Paul; Johnson, Torrence V.. Encyclopedia of the Solar System. pp. 381-382. http://books.google.com.au/books?id=G7UtYkLQoYoC&printsec=frontcover&source=gbs_navlinks_s#v=onepage&q=&f=false.
  7. 7,0 7,1 7,2 Brown; Michael E.; Koresko, Christopher D.; Blake, Geoffrey A. (12/1998). "Detection of Water Ice on Nereid". The Astrophysical Journal 508 (2): L175-L176. DOI:10.1086/311741. http://www.iop.org/EJ/article/1538-4357/508/2/L175/985588.web.pdf?request-id=76adaf4b-3cd7-4e5a-88e8-a12003cb87e4.
  8. Grav, T., M. J. Holman and W. Fraser, Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune, The Astrophysical Journal, 613 (2004), pp. L77–L80. Preprint
  9. Jones; Brian (1991). Exploring the Planets. W.H. Smith. pp. 59. ISBN 0-8317-6975-0.
  10. 10,0 10,1 Jacobson; R. A. (11/91). "Triton and Nereid astrographic observations from Voyager 2". Astronomy and Astrophysics Supplement Series 90 (3): 541-563. http://articles.adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-iarticle_query?1991A%26AS...90..541J&data_type=PDF_HIGH&whole_paper=YES&type=PRINTER&filetype=.pdf.
  11. "PIA00054: Nereid". NASA. 29-01-1996. http://photojournal.jpl.nasa.gov/target/Nereid. Consultado o 08-11-2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]