Neso (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neso
Descubrimento[1]
Descuberta por M. Holman e o seu equipo.
B. Gladman e o seu equipo.
Descuberta o 14 de agosto do 2002
Características orbitais[2]
Época 10 de Xuño do 2003
Eixo semi-maior 49.285 Gm
Excentricidade 0,5714
Período orbital 9740,73 d
(26,67 a)
Inclinación 136,439° *
Características físicas
Diámetro medio 60 km[3]**
Período de rotación  ?
Albedo 0,04 asumido[3]
Cor  ?
Tipo espectral  ?
*respecto da eclíptica **baseado no albedo


Neso (ou en grego Νησώ), coñecido tamén coma Neptuno XIII, é o satélite irregular máis externo de Neptuno. Foi descuberto por Matthew J. Holman, Brett J. Gladman, e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002, aínda que pasou inadvertido ata o 2003.[4][5]

Satelites irregulares de Neptuno.

Neso orbita Neptuno a unha distancia de máis de 48 Gm (millón de kms), facendo dela a lúa máis distante do seu planeta nai1. Segue unha órbita cunha gran inclinación orbital e tamén cunha gran excentricidade, ilustrados estes conceptos no diagrama en relación ás outras lúas irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade, fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate.

Neso ten aproximadamente 60 kms de diámetro, e asumindo unha densidade media de 1,5 g/cm3[6] a súa masa foi estimada en 1,6 x 1017 kg.

Dados os parámetros orbitais tan semellantes que posúe esta lúa con relación á lúa e Psámate (S/2003 N 1), suxeriuse que estás dúas lúas podían ter unha orixe común a partir da división dunha lúa maior.[3]

Neso recibiu o nome dunha das Nereidas. Antes do anuncio do seu nome o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Neso era coñecida coa designación provisional de S/2002 N 4.

1As distancias están máis en relación cás distancias dos planetas interiores co Sol que coas distancias das lúas comparadas cos seus planetas; un apocentro dun satélite superior ós 72 Gm (72 millóns de kms) coma neste caso en comparación a Mercurio que ten un afelio de ~70 Gm!

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Discovery Circumstances from JPL
  2. Jacobson, R.A. (2008) NEP078 - JPL satellite ephemeris
  3. 3,0 3,1 3,2 S. Sheppard, D. Jewitt and J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.
  4. IAU Circular 8213
  5. M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden, R. Jacobson; Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf)
  6. Physical parameters from JPL

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]