Despina (lúa)
Despina vista pola Voyager 2 |
|
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Stephen P. Synnott[1] e o Equipo de Imaxes da Voyager |
| Descuberta en | Xullo do 1989 |
| Características orbitais[2] | |
|
|
|
| Eixo semi-maior | 52.526 ± 1 km |
| Excentricidade | 0,0002 ± 0,0002 |
| Período orbital | 0,33465551 ± 0,00000001 d |
| Inclinación | 0,216 ± 0,014° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,06° (respecto do plano local de Laplace) |
| é satélite de | Neptuno |
| Características físicas | |
| Dimensións | 180×148×128 km[3][4] |
| Radio medio | 75 ± 3 km[5] |
| Masa | ~2,1 x 1018 kg (baseada nunha densidade asumida) |
| Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
| Período de rotación | asumida coma sincrónica |
| Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
| Albedo (xeométrico) | 0,09[3][4] |
| Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
| Atmosfera | sen atmosfera |
Despina, (ou en Latín Despœna, grego Δέσποινα), tamén coñecida coma Neptuno V, é o terceiro satélite máis interior de Neptuno. Chamada máis tarde Despina, unha ninfa que era filla de Poseidón e Deméter (Demetra).
Despina foi descuberta a finais do mes de xullo do 1989 a partir de imaxes da sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal S/1989 N 3[6]. O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados no transcorrer de 5 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 Setembro do 1991[7].
Despina é de forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[8].
A órbita de Despina descansa próxima pero non dentro da órbita de Talasa e xusto dentro do anel de Le Verrier. E coma está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Planet Neptune Data http://www.princeton.edu/~willman/planetary_systems/Sol/Neptune/
- ↑ R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. DOI:10.1086/423037. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2004AJ....128.1412J&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d15839.
- ↑ 3,0 3,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. DOI:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2003Icar..162..400K&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d11635.
- ↑ 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). "Neptunian Satellite Fact Sheet". NASA (National Space Science Data Center). http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/neptuniansatfact.html.
- ↑ "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ IAUC 4824 discovery IAUC circular
- ↑ "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. http://www.cfa.harvard.edu/iauc/05300/05347.html. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. DOI:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=1992Icar...99..390B&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d03051.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Despina Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
|||||||||||||||||