Náiade (lúa)
![]() Náiade ou Talasa vista pola Voyager 2 (o difuso da imaxe provoca un alongamento do obxecto) |
|
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Equipo de Imaxes da Voyager |
| Descuberta en | Setembro do 1989 |
| Características orbitais[1] | |
|
|
|
| Eixo semi-maior | 48.227 ± 1 km |
| Excentricidade | 0,0004 ± 0,0003 |
| Período orbital | 0,2943958 ± 0,0000002 d |
| Inclinación | 4,75 ± 0,03° (respecto do ecuador de Neptuno) 4,75° (respecto do plano local de Laplace) |
| é satélite de | Neptuno |
| Características físicas | |
| Dimensións | 96×60×52 km[2][3] |
| Radio medio | 33 ± 3 km[4] |
| Masa | ~1,9 x 1017 kg (baseada nunha densidade asumida) |
| Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
| Período de rotación | asumida coma sincrónica |
| Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
| Albedo (xeométrico) | 0,07[2][3] |
| Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
| Atmosfera | sen atmosfera |
Náiade (en grego Ναϊάδ-ες), tamén coñecido coma Neptuno III, é o satélite máis interior de Neptuno que recibiría o nome das Náiades da mitoloxía grega.[5]
Índice |
Descubrimento [editar]
Náiade foi descuberta nalgún momento de a mediados de setembro do 1989, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Foi a última lúa descuberta durante o achegamento da Voyager a Neptuno e foi designada temporalmente coma S/1989 N 6.[6] Este descubrimento foi anunciado o 29 de Setembro do 1989 pola Unión Astronómica Internacional na súa Circular No. 4867, pero só se falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", outorgándolle ó descubrimento unha data algo anterior ó 18 de setembro. Recibiu o seu nome oficial o 16 de setembro do 1991[7].
Características [editar]
Náiade é de forma irregular (non esférica) e aparece sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. É posible que coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa sexa algo semellante a unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[8]
Náiade orbita a 23.500 kms por riba das cimas das nubes de Neptuno. a súa órbita está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Posiblemente Náiade orbite Neptuno dentro do rango deste límite, coma se supón que ten unha densidade baixa, o satélite podería xa estar moi preto do límite de Roche.[Cómpre referencia]
Problemas en posteriores procuras de Náiade [editar]
Dende o achegamento da Voyager 2, o sistema de Neptuno foi intensamente estudado polos observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble. En marzo do 2002 o telescopio Keck observou o sistema usando a tecnoloxía da óptica adaptativa e así poder detectar sen moitos problemas os catros satélites interiores máis grandes do sistema de Neptuno. Talasa foi atopada grazas en parte ó procesado das imaxes, pero Náiade non foi localizada.[9] O Hubble ten a habilidade de detectar tódolos satélites coñecidos e os posibles novos satélites con máis precisión e fiabilidade cá Voyager 2. Pero Náiade aínda non foi atopada. Isto fai sospeitar que existiron bastantes erros nas efemérides de Náiade.[10]
Notas [editar]
- ↑ R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. DOI:10.1086/423037. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2004AJ....128.1412J&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d15839.
- ↑ 2,0 2,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. DOI:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2003Icar..162..400K&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d11635.
- ↑ 3,0 3,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). "Neptunian Satellite Fact Sheet". NASA (National Space Science Data Center). http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/neptuniansatfact.html.
- ↑ "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ Gazetteer of Planetary Nomenclature (21 de xullo do 2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". USGS Astrogeology. http://planetarynames.wr.usgs.gov/append7.html. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ "IAU Circular No. 4867". September 29, 1989. http://www.cfa.harvard.edu/iauc/04800/04867.html. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ "IAU Circular No. 5347". September 16 1991. http://www.cfa.harvard.edu/iauc/05300/05347.html. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ D. Banfield and N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. DOI:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=1992Icar...99..390B&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d03051.
- ↑ Conferencia "Neptunian Satellites observed with Keck AO system", por F. Marchis, e acompañado por Urata, R.; de Pater, I.; Gibbard, S.; Hammel, H. B.; Berthier, J., (Maio do 2004), editada a conferencia no libro erican Astronomical Society, DDA meeting #35, #07.08; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 36, pax. 860, consultado o 05-08-2006
- ↑ Conferencia "The Rings of Neptune and Uranus in the Hubble Space Telescope" por M. R. Showalter, e acompañado por Lissauer, J. J.; de Pater, I., (agosto do 2005), editada a conferencia no libro American Astronomical Society, DPS meeting #37, #66.09; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 37, pax. 772, consultado o 05-08-2006 }}
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Naiad Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
|||||||||||||||||
