Galatea (lúa)
![]() Galatea vista dende a Voyager 2 (o difuso da imaxe causa un excesivo alongamento) |
|
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Stephen P. Synnott[1] e o equipo de imaxes da Voyager |
| Descuberta en | Xullo do 1989 |
| Características orbitais[2] | |
|
|
|
| Eixo Semi-maior | 61.953 ± 1 km |
| Excentricidade | 0,00004 ± 0,00009 |
| Período orbital | 0,42874431 ± 0,00000001 d |
| Inclinación | 0,052 ± 0,011° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,06° (respecto do plano local de Laplace) |
| É satélite de | Neptuno |
| Características físicas | |
| Dimensións | 204×184×144 km (±~10 km)[3][4] |
| Radio medio | 88 ± 4 km[5] |
| Masa | 2,12 ± 0,08 x 1018 kg[6] |
| Densidade media | 0,5 ± 0,1 g/cm3 |
| Período de rotación | asumida coma sincrónica |
| Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
| Albedo (albedo xeométrico) | 0,08[3][4] |
| Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
| Atmosfera | sen atmosfera |
Galatea (ou en grego Γαλάτεια), tamén coñecida coma Neptuno VI, é o cuarto satélite máis próximo a Neptuno. Foi máis tarde nomeada Galatea, unha das Nereidas da mitoloxía grega.
Galatea foi descuberta a finais de xullo do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal de S/1989 N 4.[7] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que o descubrimento fora uns cantos días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[8].
Galatea amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[9].
A órbita de Galatea está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.
Galatea parece ser unha lúa pastor para o anel de Adam que está a 1000 km cara fora respecto da órbita da lúa. As resonancias con Galatea nunha taxa de 42:43 son consideradas coma o mecanismo máis probable de confinamento dos particulares arcos de anel que existen neste anel.[10] A masa de Galatea foi estimada a partir das perturbacións que esta crea no anel.[6]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Planet Neptune Data http://www.princeton.edu/~willman/planetary_systems/Sol/Neptune/
- ↑ Jacobson, R.A.; W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. DOI:10.1086/423037. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2004AJ....128.1412J&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d15839.
- ↑ 3,0 3,1 Karkoschka, E. (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. DOI:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2003Icar..162..400K&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d11635.
- ↑ 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). "Neptunian Satellite Fact Sheet". NASA (National Space Science Data Center). http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/neptuniansatfact.html. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ 6,0 6,1 C.C. Porco (1991). "An Explanation for Neptune's Ring Arcs". Science 253: 995. DOI:10.1126/science.253.5023.995. PMID 17775342.
- ↑ discovery IAUC circular
- ↑ "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. http://www.cfa.harvard.edu/iauc/05300/05347.html. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. DOI:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=1992Icar...99..390B&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d03051.
- ↑ F. Namouni; C. Porco (2002). "The confinement of Neptune's ring arcs by the moon Galatea". Nature 417: 45. DOI:10.1038/417045a. http://www.nature.com/cgi-taf/DynaPage.taf?file=/nature/journal/v417/n6884/abs/417045a_fs.html.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Galatea Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
|||||||||||||||||
