Talasa (lúa)
![]() Náiade ou Talasa vista dende a Voyager 2 (o difuso da imaxe causa unha excesivo alongamento) |
|
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Richard J. Terrile[1] e o equipo de Imaxes do Voyager |
| Descuberta en | Setembro do 1989 |
| Características orbitais[2] | |
|
|
|
| Eixo semi-maior | 50.075 ± 1 km |
| Excentricidade | 0,0002 ± 0,0002 |
| Período orbital | 0,31148444 ± 0,00000006 d |
| Inclinación | 0,21 ± 0,02° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,21° (respecto do plano local de Laplace) |
| É un satélite de | Neptuno |
| Características físicas | |
| Dimensións | 108×100×52 km[3][4] |
| Radio medio | 41 ± 3 km[5] |
| Masa | ~3,5 x 1017 kg (baseada nunha densidade asumida) |
| Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
| Período de rotación | asumida coma sincrónica |
| Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
| Albedo (xeométrico) | 0,09[3][4] |
| Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
| Atmosfera | sen atmosfera |
Talasa (en grego Θάλασσα), tamén coñecida coma Neptuno IV, é o segundo satélite máis próximo (ou interior) de Neptuno. Talasa foi nomeada máis tarde co nome da filla de Aether (Éter) e Hemera a partir da mitoloxía grega. "Talasa" significa en grego "mar".
Talasa foi descuberta nalgún momento antes de mediados de setembro do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle temporalmente a designación S/1989 N 5.[6] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4867) o 29 de Setembro do 1989, pero o texto só falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 18 de Setembro. O seu nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[7].
Talasa amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[8]. Algo moi inusual nos corpos irregulares é que Talasa ten unha forma semellante á dun disco.
A órbita de Talasa está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Relativamente pouco tempo despois, parte dos fragmentos dispersados poderían invadi-la órbita de Despina.
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Planet Neptune Data http://www.princeton.edu/~willman/planetary_systems/Sol/Neptune/
- ↑ R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. DOI:10.1086/423037. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2004AJ....128.1412J&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d15839.
- ↑ 3,0 3,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. DOI:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=2003Icar..162..400K&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d11635.
- ↑ 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (22-02-2008). "Neptunian Satellite Fact Sheet". NASA (National Space Science Data Center). http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/neptuniansatfact.html. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ "Planetary Satellite Physical Parameters". JPL (Solar System Dynamics). 24-10-2008. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_phys_par. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ IAUC 4867 discovery IAUC circular
- ↑ "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. http://www.cfa.harvard.edu/iauc/05300/05347.html. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. DOI:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?bibcode=1992Icar...99..390B&db_key=AST&data_type=HTML&format=&high=444b66a47d03051.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Thalassa Profile by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
|
|||||||||||||||||
