Río Narcea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Narcea
Narcea.JPG
Unión do Nalón e o Narcea
País Asturias
Rexión n/d
Nacemento Fontes del Narcea
Altitude n/d
Lonxitude 91 km
Caudal medio 43,41 m³/s
Conca 1.135 km²
Desembocadura Río Nalón

O río Narcea é un curso de auga asturiano, afluente do Nalón pola súa beira esquerda. É o segundo dos ríos máis importantes de Asturias que desenvolven o seu curso completo dentro do Principado, tanto pola súa lonxitude, 91 km, como polo seu caudal medio, 43,41 m³/s.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Narcea nace nas Fontes del Narcea, na serra de Cenielles, a perto de 1.600 m.s.n.m., para fluír con sentido xeral se suroeste a noreste. Ao longo do seu curso baña os concellos de Cangas del Narcea, Tineo, Miranda e Pravia. Neste último rende as súas augas ao Nalón á altura do lugar de Forcinas. En conxunto a súa conca abranxe unha área de 1.135 km².

A localidade máis importante sita ás súas beiras é Cangas del Narcea.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Pola dereita:

Pola esquerda:

Medio ambiente[editar | editar a fonte]

Na cabeceira do río sitúase o Parque Natural das Fontes do Narcea e de Ibias.

Aproveitamento hidroeléctrico[editar | editar a fonte]

No Narcea están instalados dous encoros para a produción de electricidade, son os de La Barca (con 32 millóns de m³ de auga represados) e o de Honda (800.000 m³).

Outros[editar | editar a fonte]

É un dos ríos salmoneiros máis importantes de Asturias.