Miriápodo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Miriápodo | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Miriápodo depositando un ovo |
||||||||
| Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
| Clases | ||||||||
Grupo de animais artrópodos, similares ós insectos nalgúns aspectos, pero con caracteres que os diferencian destes. Os miriápodos son unha categoría taxonómica que comprende 4 grupos terrestres de mandibulados —os cempés, os milpés, os pauropodos, e as synfilas—, e entre 10.500 e 17.000 especies.
Índice |
[editar] Características
Todos teñen en común un corpo composto de cabeza e un longo tronco con moitos segmentos. O corpo é máis ou menos longo, e ten multitude de pares de patas similares en canto á forma e función (na clase Chilopoda o par de patas más próximo á cabeza adoita estar modificado e fai as funcións de mandíbulas e aguillóns inoculadores de veleno). Os catro grupos tamén exhiben diferenzs marcadas en aspectos tales como a alimentación, por exemplo, dándose o caso de especies predadoras (clase Chilopoda) e outras de hábitos detritívoros (clase Diplopoda).
Tradicionalmente os miriápodos foron considerados parentes próximos dos insectos, é dicir, hexápodos, e están unidos a eles no subfilo Uniramia, entre o cal os miriápodos son tratados como unha superclase. A súa condición foi cuestionada por algúns biólogos (por exemplo, Barnes, 1968), e en particular foi considerado probable que foran parafiléticos ós hexápodos. Non obstante, estudos xenéticos apoian a súa condición monofilética, e suxiren que poden non ser parentes tan próximos dos hexápodos, poidendo estar máis perto dos quelicerados. Esta visión refléxase ó tratalos como unha superclase separada en Arthropoda en vez de dentro dun suposto subfilo Uniramia.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Bibliografía
[editar] Ligazóns externas
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |