Hawker Siddeley Harrier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hawker-Siddeley Harrier
BAE-McDonell-Douglas AV8B-01.jpg
AV-8B Harrier II
Tipo Caza ataque ó chan
Fabricante Hawker-Siddeley
Introducido 1 Abril 1969
Harrier levantando o voo do Portaavións HMS Invencible.

O Hawker Siddeley Harrier, coloquialmente chamado jump jet, foi un avión de ataque a terra e recoñecemento desenvolvido nos anos 1960 que formou a primeira xeración da serie Harrier. Foi o primeiro avión operacional con capacidade V/STOL (despegamento e aterraxe verticais/curtos) e o único deseño V/STOL realmente exitoso dos moitos que xurdiron nos anos 1960. O Harrier foi producido directamente dos prototipos Hawker Siddeley Kestrel despois da cancelación dun modelo supersónico máis avanzado, o Hawker Siddeley P.1154. A Royal Air Force (RAF) encargou as variantes Harrier GR.1 e GR.3 a finais dos anos 1960. Nos anos 1970, foi exportado a Estados Unidos, onde recibiu a designación AV-8A, para ser usado polo Corpo de Marines dos Estados Unidos e tamén a España baixo o nome de AV-8S Matador para ser embarcado no portaavións Dédalo da Armada Española.

O turbosoprante de empurre vectorial do Harrier permítelle operar dende pistas semipreparadas e desplegalo en zonas avanzadas, lonxe dos vulnerábeis aeródromos. Tres escuadróns da RAF Germany recibiron o Harrier, inda que un foi disolto por mor da falla de avións causa polo elevado índice de accidentes. Os Harrier foron despregados en diversas áreas da OTAN e combateron nas Malvinas. O GR.Mk 3, coa súa limitada carga útil e aviónica primitiva, foi substituído polo BAe/McDonnell Douglas AV-8B, chamado Harrier GR.Mk 5 pola RAF.

O Harrier foi un avión autenticamente decisivo que marcou a aparición do primeiro avión de combate STOVL, instancia para a que emprega un só turbosoprante cun cuarteto de tobeiras vectoriais para a distribución equilibrada do empuxe. O Harrier apareceu como resultado do prototipo P.1127 que voou por primeira vez en outubro do ano 1960. Fixeronse plans para desenvolver o P.1154 capaz de acadar Mach 2, pero este foi cancelado a favor do transónico pero máis barato Harrier GR.Mk 1 con motor Pegasus Mk 101 de 8.618 kg, posteriormente mellorado no Harrier GR.Mk 1A có Pegasus Mk 102 de 9.072 kg. O GR.Mk 1 comezou a entrar en servizo no ano 1969 e os 92 aparellos superviventes foron mellorados ó estándar GR.Mk 3 con maior potencia e proa revisada para instalar un telémetro láser e un procurador de brancos marcados.

O Escuadrón 1 da RAF convirteuse na primeira unidade mundial equipada operativamente con cazas VTOL ó converterse ó Harrier en abril de 1969.

Accións de combate[editar | editar a fonte]

Un AV-8S Matador voando sobre o portaavións español Dédalo.

A maior experiencia de combate dos Harrier foi ó servizo Británico, isto aconteceu durante a "Guerra das Malvinas" onde se empregou tanto o Sea Harrier como o Harrier GR.Mk 3. O Sea Harrier, baseado no GR.Mk 3, tivo unha grande importancia nas actividades navais. Vinte Sea Harrier operaron dende os portaavións HMS Hermer e Invencible, principalmente para a defensa da frota. Inda que derrubaron 23 cazas arxentinos en combate aéreo (en parte por mor o emprego da novedosa variante do mísil americano Sidewinder e que os cazas arxentinos operaban en condicións extremas) non podían establecer unhs superioridade completa e previr os ataques durante o día ou a noite, ou parar os voos diarios dos transportes dos C-130 Hercules ás illas. Tres Sea Harrier foron derrubados por fogo antiaereo terrestre e outros tres por mor de accidentes, ningún foi derrubado por avións inimigos.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Caza monopraza STOVL de ataque ó solo, de apoio preto e recoñecemento Hawker Siddeley Harrier GR.Mk 3.
  • Tripulación: Un piloto.
  • Construtor: Hawker-Siddeley
  • Ano: 1967
  • Principal usuario: Royal Air Force, Corpo dos Marines (USA), Mariña Española e a Mariña Real da Tailandia.
  • Envergadura: 7,69 m.
  • Lonxitude: 14,12 m.
  • Altura: 3,45 m.
  • Área alar: 18,68 m2.
  • Peso baleiro: 5.530 Kg.
  • Peso cargado: 7.830 Kg.
  • Planta motriz: 1 Rolls-Royce Pegasus 103 de 21.500 libras de empuxe vectorizábel.
  • Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm e 8.000 libras de bombas, foguetes, etc. en soportes ventrais e subalares.
  • Velocidade máxima: 737 millas/h
  • Alcance operacional: 520 millas