Adam Jones
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Adam Jones | |
|---|---|
| Nome completo | Adam Thomas Jones |
| Alias | |
| Naceu | 15 de xaneiro de 1965 (47 anos) |
| Orixe | Park Ridge, Illinois |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, baixo, sitar |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Tool |
| Tempo en activo | 1990-actualidade |
| Web | |
Adam Thomas Jones, nado o 15 de xaneiro de 1965 en Park Ridge (Illinois), é o guitarrista da banda de rock Tool. Tamén é o encargado de crear os videos do grupo e tamén é moi respectado polo seu traballo como artista visual.
[editar] Traxectoria
Jones naceu en Park Ridge, Illinois, medrou en Libertyville, Illinois, e tocou o violín na escola de primaria. Foi aceptado no programa Suzuki e continuou tocando o violín no seu primeiro ano de instituto. Cambiou o violín e tocou o baixo durante tres anos nunha orquestra.
Amigo do guitarrista Tom Morello, o cal por aquela época vivía tamén en Illinois, tocaron xuntos na banda de rock Electric Sheep. Non pasou moito tempo ata que Adam Jones colgou o seu baixo e comezou a tocar a guitarra.
|
||||||||||||||||||||