Undertow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Undertow
Álbum de Tool
Edición: 6 de abril de 1993
Datas de gravación: outubro - decembro de 1992
Estudio(s) de gravación: Grand Master Studios en Hollywood, California
Duración: {{{duración}}}
Xénero: metal progresivo, metal alternativo
Selo(s): Zoo Entertainment
Producido por: Sylvia Massy e Tool
Cronoloxía
Opiate Undertow Ænima

Undertow é o primeiro álbum da banda de metal progresivo estadounidense Tool. Foi editado o 6 de abril de 1993 polo selo Zoo Entertainment. Durante unha época na cal o grunge estaba no seu punto máis alto de popularidade, e o pop punk comezaba a emerxer coa axuda das radios, Undertow axudou ao metal a continuar destacando como estilo musical, e permitiu a varias bandas posteriores facerse un oco a través do mainstream. No mes de xullo do ano 2010 o álbum levaba vendidas 2.900.000 copias nos Estados Unidos.

O álbum foi gravado entre outubro e decembro do ano 1992 nos Grand Master Studios, situados en Hollywood, California, por Sylvia Massy. Algunhas das súas cancións son temas que a banda decidiu non incluír no seu primeiro EP, Opiate.

A portada do álbum foi deseñada polo guitarrista Adam Jones. Fotos no libreto dunha muller obesa nua, un home tamén nu e unhas imaxes dos membros do grupo con agullas insertadas na cara xeraron moita controversia, facendo que o álbum fose retirado de moitas tendas como Kmart e Wal-Mart. A banda reaccionou editando outra versión, na cal aparecía un gran código de barras nun fondo branco. Nesta versión incluíase unha nota do grupo explicando a autocensura.

Undertow foi elixido décimo mellor álbum do ano 1993 pola publicación Alternative Press[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Tool, agás onde se indique.

  1. "Intolerance" – 4:53
  2. "Prison Sex" – 4:56
  3. "Sober" – 5:05
  4. "Bottom" (Tool, Henry Rollins) – 7:13
  5. "Crawl Away" – 5:29
  6. "Swamp Song" – 5:31
  7. "Undertow" – 5:21
  8. "4°" – 6:02
  9. "Flood" – 7:45
  10. "Disgustipated" – 15:47

"Disgustipated" é a pista número 69 na meirande parte dos CDs editados en Norteamérica (os cortes do 10 ao 68 non conteñen datos). Tamén aparece como corte 39, 10 (principalmente en Europa) ou como canción oculta despois de "Flood", no mesmo corte 9. Nalgunhas edicións de importación xaponesas "Disgustipated" é o tema 70, cunha pequena versión ao vivo de "Flood" na pista 71.

Notas[editar | editar a fonte]