Maxi Oruste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaxi Oruste
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
San Juan, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata


Maximiliano "Maxi" Oruste Salva, nado o 5 de xaneiro de 1994 en San Juan, é un xogador de hóckey a patins arxentino, que xoga de dianteiro no Vercelli da liga italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no hóckey a patíns aos 3 anos no Club Loma Negra Hockey de Rivadavia (provincia de San Juan). Aos 8 anos pasou ao Club Banco Hispano, pasando por todas as categorías inferiores do club, sendo campión en todas elas, e debutando co primeiro equipo en 2012, aos 16 anos.[1][2]

Chegou a Europa en 2013, incorporándose á canteira do FC Barcelona.[3] Pasou logo por Italia, onde xogou unha tempada no Valdagno e dúas no GSH Trissino. Volveu a España na tempada 2017/18, fichando polo PAS Alcoi,[4] onde xogou un ano, antes de fichar polo Lleida. Militou unha soa tempada no club ilerdense, gañando a Copa CERS e sendo o segundo máximo goleador da OK Liga con 27 goles en 30 partidos, só superado por Roberto di Benedetto.[3]

No verán de 2019 fichou polo Deportivo Liceo,[5][3] co que se proclamou subcampión da OK Liga, despois de que esta fose rematada antes de tempo por mor da pandemia por coronavirus.[6] Na seguinte tempada repetiu subcampionato de liga e proclamouse campión da Copa do Rei, vencendo na final ao Barcelona. Na campaña 2021/22 gañou a Supercopa de España e participou na conquista do oitavo título de liga da historia do club, aínda que perdeu a parte final da tempada por unha lesión de pube.[7]

No verán de 2022 deixou A Coruña para regresar a Italia, onde asinou co Vercelli.[8]

Selección arxentina[editar | editar a fonte]

En 2011 disputou coa selección arxentina sub-20 o Campionato do Mundo Júnior en Barcelos, caendo en semifinais contra Portugal, na quenda de penaltis. Repetiu convocatoria na seguinte edición do Mundial júnior en Cartaxena de Indias, caendo de novo en semifinais, esta vez contra España, e acabando no terceiro posto final.[9]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Lleida[editar | editar a fonte]

Liceo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maxi Campeón" (en castelán). 16 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  2. "Conociendo un poco más a… Maxi Oruste" (en castelán). 30 de novembro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "El Liceo pesca por tercera vez en Lleida: Maxi Oruste". DxT Campeón (en castelán). 14 de xuño de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  4. "El jugador hispano-argentino Maximiliano Oruste “Maxi”, de 23 años, se convierte en el primer fichaje del P.A.S. Alcoy para la temporada 2017-2018." (en castelán). 3 de xuño de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  5. "Maxi Oruste, sexto refuerzo del Deportivo Liceo". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de xuño de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  6. "La FEP da por finalizada la competición de la OK Liga". DxT Campeón (en castelán). 3 de maio de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  7. Iglesias, Ana (21 de xaneiro de 2022). "Maxi Oruste: «He tenido muchos altibajos, pensé en pedir ayuda»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  8. Novo, Chaly (26 de xuño de 2022). "Deportivo Liceo, un éxodo sin precedentes". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  9. "Oruste será reforço do Liceo" (en portugués). 12 de xuño de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]