Marcial del Adalid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcial del Adalid
MarcialdelAdalid.jpg
Retrato de Marcial del Adalid.
Nome completo Marcial del Adalid Gurrea
Data de nacemento 24 de agosto de 1826
Lugar de nacemento A Coruña, Galicia Galicia
Data de falecemento 16 de outubro de 1881
Lugar de falecemento Oleiros, Galicia Galicia

Marcial del Adalid Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e falecido en Lóngora (Liáns, Oleiros) o 16 de outubro de 1881, foi un compositor musical galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid.

Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a París coa intención de estudar con Frédéric Chopin, pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a Londres, onde entre 1844 e 1849 estudou con Ignaz Moscheles. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de Liszt. De volta a España viviu algúns anos en Madrid e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera Inese e Bianca, con libreto italiano de Achille de Lauzières. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola Universidade da Coruña o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra está principalmente composta para piano e voz, e amosa unha gran influencia de Chopin e Charles Gounod. Musicou moitos dos poemas da súa dona, a escritora Fanny Garrido. Tamén se interesou pola música galega e reuniu folclore galego para o Cancionero de Inzenga. En 1877 publicou os seus primeiros cadernos da colección Cantares viejos y nuevos de Galicia, a súa obra mais interpretada. A publicación non finalizou ata despois da súa morte, chegando a vinte seis cancións, quince delas orixinais e nove harmonizacións de melodías tradicionais. Maurice Ravel empregou o seu Adios meu meniño, adios na súa Chanson espagnole, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.

Obra escénica[editar | editar a fonte]

  • Inese e Bianca.
  • Pedro Madruga.

Orquestra[editar | editar a fonte]

  • Varias marchas para orquestra.
  • Serenata para orquestra de cordas.

Piano[editar | editar a fonte]

  • 3 sonatas.
  • 2 Sonatinas para piano a catro mans.
  • Nocturnos.
  • Baladas.
  • Impromptus.
  • Elexías.
  • Romanzas sen palabras.

Música de cámara:

Cancións[editar | editar a fonte]

  • 25 Cantares vellos e novos de Galicia.
  • Un centenar de mélodies francesas sobre poemas de Lamartine, Victor Hugo etc.
  • Lied sobre Goethe.
  • Outras cancións en castelán, italiano e latín.
  • Motetes corais en latín.
Rúa Marcial del Adalid na Coruña.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega de Belas Artes ‘Nosa Señora do Rosario’ entrega a Medalla de Oro ‘Marcial del Adalid’ a institucións e músicos non profesionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]