Fanny Garrido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido, nada na Coruña en 1846 e finada en Liáns (Oleiros) o 11 de setembro de 1917, foi unha escritora galega.
Índice |
Traxectoria [editar]
Casada co compositor Marcial del Adalid, que musicou moitos dos seus poemas, empregou tamén o pseudónimo de Eulalia de Liáns. Logo da morte do seu marido casou co químico lucense José Rodríguez Mourelo. Colaborou nos periódicos Galicia e El Correo de Madrid. Da súa produción destaca a novela autobiográfica Escaramuzas, publicada en 1885. Traduciu do alemán a Heine e Goethe. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras [editar]
- Escaramuzas, 1885.
- La madre de Paco Pardo, 1898.
- Batallas (inédita).