Te doy mis ojos
Te doy mis ojos é unha película española dirixida por Icíar Bollaín no ano 2003 e protagonizada polo actor galego Luis Tosar.
Índice |
Sinopse [editar]
Pilar (Laia Marull) foxe en plena noite da súa casa, situada nun barrio periférico e residencial de Toledo; leva consigo ó seu fillo duns oito anos. Na súa fuxida busca refuxio en casa da súa irmá, unha restauradora de arte que leva unha vida independente á beira da súa parella escocesa, ambos residen na parte vella e histórica de Toledo.
Pilar é unha vítima máis dos malos tratos conxugais, que intenta refacer a súa vida e empeza a traballar como caixeira de visitas turísticas na igrexa que alberga O enterro do Conde Orgaz; a través do seu novo traballo comeza a relacionarse con outras mulleres. Antonio (Luis Tosar), o seu marido, emprende a súa busca e a súa recuperación, promete cambiar e busca axuda nun psicólogo. Segundo palabras de Icíar Bollaín:
«Te doy mis ojos conta a historia de Pilar e Antonio pero tamén de quen os rodean, unha nai que consinte, unha irmá que non entende, un fillo que mira e cala, unhas amigas, unha sociedade e unha cidade como Toledo que engade co seu esplendor artísitico e o seu peso histórico e relixioso unha dimensión máis a esta historia de amor, de medo, de control e de poder.»
Reparto [editar]
- Laia Marull como Pilar
- Luis Tosar como Antonio
- Rosa María Sardá como Aurora
- Candela Peña como Ana
- Kiti Manver como Rosa
- Sergi Calleja como terapeuta
- Nicolás Fernández Luna como Juan
- Dave Mooney como John
- Elisabet Gelabert como Lola
- Chus Gutiérrez como Raquel
- Elena Irureta como Carmen
Premios [editar]
Premios Goya [editar]
A película gañou 7 figuras na XVIII edición dos Premios Goya:
- Mellor película
- Mellor dirección: Icíar Bollaín
- Mellor interpretación feminina protagonista: Laia Marull
- Mellor interpretación masculina protagonista: Luis Tosar
- Mellor interpretación feminina de reparto: Candela Peña
- Mellor guión orixinal: Icíar Bollaín e Alicia Lun a
- Mellor son: Valiño, Piñeiro, Crespo e Gutiérrez
Cunchas de Prata [editar]
Te doy mis ojos conseguiu dúas Cunchas de Prata no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián, 2003:
- Cuncha de Prata á mellor actriz: Laia Marull
- Cuncha de Prata ó mellor actor: Luís Tosar
Outros [editar]
- Premio CEC (Círculo de Escritores Cinematográficos)