Miami Vice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miami Vice
Formato crimen, drama
Creado por Anthony Yerkovich
Dirixido por Varios
Intérpretes Don Johnson
Philip Michael Thomas
Michael Talbott
Olivia Brown
Saundra Santiago
Edward James Olmos
John Diehl
Tema de apertura Miami Vice Theme
Tema de peche Miami Vice Theme
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) inglés
Número de episodios 111
Produción
Produtor(es) executivo(s) Michael Mann
Dick Wolf (Co-executivo: T4)
Robert Ward (Co-ejecutivo: T5)
Richard Brams (Co-executivo: T5)
Localización(s) Miami, Florida
Duración 48 minutos
Distribuidor NBCUniversal Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixe NBC, USA Network
Ligazóns externas
Páxina web

Miami Vice é o nome dunha serie dramática de televisión da compañía NBC, que saiu ó aire a comenzos da década de 1980.

A serie trataba sobre dous axentes de policía de Miami traballando como detectives encubertos en casos de tráfico de drogas, violencia nas rúas, e mesmo casos reais de crimes cometidos en South Beach, Miami.

A serie foi creada por Anthony Yerkovich, producida por Michael Mann' (Manhunter, O Dilema), e escrita por Joel Surnow (Wise Guy, 24), para a canle NBC, que a retransmitiu desde 1984 a 1989.

En 2006 apareceu a versión cinematográfica desta serie (Miami Vice), dirixida polo que fora o seu produtor nos oitenta, Michael Mann, e protagonizada polos actores Colin Farrell e Jamie Foxx, como a parella de detectives, e Gong Li e o actor lugués Luis Tosar como os traficantes ós que intentan apresar.

Retransmisións[editar | editar a fonte]

  • En Latinoamérica pódese ver a través da VH1, canle temática de MTV Networks
  • En España retransmítese en castelán pola canle TVE 50 años