Lingüística cognitiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingüística cognitiva xorde recentemente na década da década de 1980 como resposta ó descontento dalgúns xerativistas que defendían a necesidade dunha semántica que tivese presente o individuo e as súas habilidades cognitivas. Isto obrigounos a romper coa tradición tranformacionalista e propor uns postulados básicos distintos en 1987, por parte de Johnson, Lakoff e Langacker. Inda así, non é o primeiro intento de integrar esta perspectiva extralingüística (psicolóxica, antropolóxica, neurolóxica, etc.) na lingüística, senón que xa unha década antes houbo intentos multidisciplinares de abordar estas áreas conxuntamente. Estas colaboracións fomentaron o xurdimento da lingüística cognitiva fronte á xerativista autonomía da linguaxe, defendendo unha relación entre linguaxe e outros aspectos cognitivos e perceptivos. As dúas capacidades cognitivas principais dos que bota man a linguaxe son a categorización e os procesos de metáfora-metonimia.

Semántica
Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía
Métodos: análise sémica
Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico
Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia | meronimia | holonimia
Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia
Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario