Estilística
| Lingüística |
|---|
| Lingüística teórica |
| Gramática descritiva |
| Lingüística aplicada |
| Artigos relacionados |
Inda que a noción de estilo estaba xa configurada en manuais con indicacións prácticas sobre cómo escribir ben no século XVIII, a primeira estilística, a de Charles Bally (1905) rexeita esta concepción e propón unicamente unha estilística descritiva do sistema lingüístico, non das obras literarias.
Despois de ser publicada a estilística lingüística de Bally, aparece a estilística literaria de Leo Spitzer, que procura os trazos peculiares, os estilemas, da lingua literaria, considerándoos como desvíos da norma estándar.
Xorde entón a diferenciación entre estilística lingüística (preocúpase polos trazos específicos do sistema de cada idioma para definir desde eles o espírito da comunidade nacional que os produciu) e estilística literaria (atende ós trazos peculiares do estilo dun creador).