Lingüística antropolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingüística antropolóxica é unha ramo da ciencia lingüística que estuda a linguaxe a partir das bases de coñecemento da antropoloxía. Non debe ser confundida coa antropoloxía lingüística que é a rama da antropoloxía que estuda o ser humano a través da linguaxe coa que se comunica.

Sexa cal for a súa denominación, esta disciplina tivo un importante impacto nos estudos da percepción visual (especialmente o cor) e a democracia biorexional, ambos estudos teñen en conta a distinción que distintas linguas fan da percepción do medio ambiente.

A antropoloxía lingüística convencional tamén ten implicacións na socioloxía e na auto-organización de comunidades humanas. Por exemplo, un estudo do pobo Penan revela que teñen seis palabras distintas para dicir a primeira persoa do plural nominativo [nós/nós]]. Isto pode implicar un maior entendemento da cooperación, o consenso e a toma de decisión consensual do que na nosa cultura. A lingüística antropolóxica estuda esta distinción e relaciónaa con modos de vida e a adaptacións aos sentidos. Así como estuda a distinción feita en linguas en relación coas cores do arco da vella, observando a tendencia a aumentar a diversidade de termos, como mostra o feito de que hai distincións de corpos neste medioambiente que se deben facer. Levando a un coñecemento localizado e quizabes unha ética localizada, cuxa evidencia final son os distintos termos utilizados para referirse a "nós".

Lévi-Strauss e o traballo coas tribos[editar | editar a fonte]

O antropólogo belga Claude Lévi-Strauss foi en 1935 ao Brasil para dar clase de socioloxía na nova Universidade de São Paulo. Formado en filosofía en Francia, no Brasil volveu aos estudos etnolóxicos. Coa súa muller, explorou a rexión onde viven os índios kadiwéus e bororos, no Estado de Mato Grosso, recollendo material etnográfico para o Museo do Home, en París. A súa experiencia no Brasil narrouna no seu libro Tristes trópicos (1955). O traballo de Lévi-Strauss estivo fortemente influenciado pola obra do lingüista suízo Ferdinand de Saussure, o que o tornou pai da antropoloxía estrutural, que revolucionaria o pensamento occidental, logo do lanzamento da obra As estruturas elementares do parentesco (1949).

Linguas indíxenas brasileiras[editar | editar a fonte]

Segundo Aryon Rodrigues (1986), existen no Brasil actualmente cerca de 180 linguas indíxenas, das que unha pequena parte teñen rexistros fiables e unha cantidade aínda menor teñen estudos serios e completos. De entre os centros de estudos de linguas indíxenas brasileiras destácan a Universidade de Brasilia, co seu Laboratorio de Linguas Indíxenas, a Universidade Estata de Campinas (Instituto de Estudos da Linguaxem), o Museu Paraense Emílio Goeldi, a Universidade Federal de Goiás e a Universidade Federal do Rio de Janeiro.

A historia do estudo das linguas indíxenas no Brasil mostra que ainda hai moito por facer, e con mellor metodoloxía da que se empregou no pasado.

Disciplinas relacionadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]