Análise sémica
A análise sémica pretende estabelecer a composición semántica dunha unidade léxica considerando os trazos semánticos ou semas, unidades mínimas da significación, non susceptíbeis de realización independente.
A análise sémica calca as denominacións das súas unidades sobre as da análise fonolóxica, como se observa no cadro seguinte:
| Análise sémica | Análise fonolóxica |
|---|---|
| sema
(trazo pertinente da significación |
trazo pertinente |
| semema
(feixe dos semas dunha unidade léxica |
fonema
(unidade mínima) |
| arquisemema
(conxunto dos trazos pertinentes |
arquifonema |
| alosema
(sema susceptíbel de realizacións diferentes, |
alófono |
Un exemplo clásico que ilustra o uso desta terminoloxía é o das "cadeiras e poltronas" de Pottier:
- Os sememas de cadeira e poltrona posúen en común os semas:
- S1 (con respaldo), S2 (sobre patas), S3 (para unha só persoa), S4 (para sentarse)
O semema de cadeira é:
- S1+S2+S3+S4
O semema de poltrona é:
- S1+S2+S3+S4+S5
- onde S5= "con brazos"
- O arquisemema para "conxunto de asentos" é:
- S2+S4 ("sobre patas"+"para sentarse").
A análise sémica ten a súa orixe nas pescudas sobre clasificación tecnolóxica. Os semas obtidos non teñen valor metalingüístico e non achegan coñecementos novos sobre as cousas descritas. Con efecto, brazos en A poltrona ten dous brazos non ten nada en común con O home ten dous brazos. O sema [con brazos] tecnoloxicamente pertence á poltrona, non comportando a referencia á mesma realidade que en brazos humanos.
Véxase tamén [editar]
|
|
|---|
| Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía |
| Métodos: análise sémica |
| Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico |
| Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia |
| Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia |
| Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario |